Saltar ao contido

Maria Caccamo Caltabiano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaria Caccamo Caltabiano
Biografía
Nacemento9 de setembro de 1946
País de nacionalidadeItalia Italiana
Q89547790Estudos de numismática antiga.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Lugar de traballo Messina Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónnumismática, profesora universitaria Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversity of Messina (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeCarlo Caccamo Editar o valor en Wikidata
Premios
(1994): Premio Literario (AINP).

BNE: XX1316103

Maria Caccamo Caltabiano, nada en Giarre, Catania, o 9 de setembro de 1946,[1] é unha numismática italiana especialista na iconografía da moeda da antiga Grecia e da Antiga Roma.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Maria Caccamo Caltabiano é profesora titular de Numismática Grega e Romana na Universidade de Messina desde 1994,[2] e nesta institución dirixiu o departamento de Estudos Clásicos, entre 1998 e 2004.[1][3][4]

Entre os centros de interese máis salientables das súas investigacións está a iconografía da moeda da Antigüidade, sinaladamente na de Sicilia e a Magna Grecia, na republicana e na provincial romana e nas emisións tolemaicas, entre outras.[4] A este respecto, é a fundadora e directora da serie editorial Semata e Signa. Studi di Iconografia monetale.[1][2]

Para o estudo da iconografía monetaria, Maria cáccamo encabezou a creación do Lexicon Iconographicum Numismaticae Classicae et Mediae Aetatis (LIN),[3] en colaboración coas universidades de Boloña, Xénova e Milán, e baixo o patrocinio do Consello Internacional de Numismática e a Accademia dei Lincei.[1][2]

Entre outros proxectos, foi a promotora e a coordinadora do proxecto internacional de Difusión e Investigación da Moeda Antiga da Área Mediterránea (DRACMA),[3] en colaboración co Museo Numismático de Atenas e co Museo Arqueolóxico de Chipre, e apoiado financeiramente pola Comisión Europea.[1][2]

Caccamo é vicepresidenta do Consello Internacional de Numismática,[5] no seo do cal presidiu o comité organizador do XV Congreso Internacional de Numismática, celebrado en Taormina en 2015.[1][3][6][7] Así mesmo, entre outras entidades é membro da Academia Italiana de Estudos Numismáticos e da Sociedade Numismática Italiana,[4] e forma parte do comité científico do seu órgano de expresión, a Rivista Italiana di Numismatica.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Maria Caccamo Caltabiano está casada co profesor universitario de Física Carlo Caccamo —do que tomou o apelido—, con quen tivo tres fillas e un fillo.[1]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Caccamo Caltabiano é autora de máis de 200 artigos e colaboracións en obras conxuntas, e tamén dalgúns traballos monográficos, entre os que cabe salientar os seguintes:[1][9][10]

  1. 1 2 3 4 5 6 7 8 "Maria Caltabiano Caccamo[Ligazón morta]". Accademia Italiana di Studi Numismatici.
  2. 1 2 3 4 5 "Curriculum di Maria Caltabiano Caccamo". Academia.edu
  3. 1 2 3 4 "Curriculum Vitae: Maria Caltabiano Caccamo Arquivado 12 de maio de 2022 en Wayback Machine.". International Numismatic Council.
  4. 1 2 3 "Caltabiano, Maria Caccamo". En Coins Weekly. 14 de decembro de 2016.
  5. "Committee of the INC Arquivado 05 de xullo de 2018 en Wayback Machine.". International Numismatic Council.
  6. "Messina/Taormina 2015 Arquivado 03 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". International Numismatic Council.
  7. Kampmann, U. (2015). "15. Internationaler Numismatischer Kongress in Taormina". En Münzen Woche. 1 de outubro.
  8. "IAPN-Book Prize Arquivado 19 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web de IAPN-AINP.
  9. "Caccamo Caltabiano, Maria". WorldCat Identities.
  10. "Caccamo Caltabiano, Maria 1946- Arquivado 14 de setembro de 2022 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]