Maria Arnal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaria Arnal

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1987 Editar o valor em Wikidata (36/37 anos)
Badalona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , produtor , compositora de cancións , música Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz, sintetizador e Órgano Editar o valor em Wikidata
Participou en
Tabakalera Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm8128342 Twitter: mariaarnaldimas Instagram: mariaarnaldimas Youtube: UC10JfbI-yNvSNPjh-G_36tw Musicbrainz: 95abd093-287b-4400-8b9c-3dd4510f016c Discogs: 5428136 Editar o valor em Wikidata

Maria Arnal, nada en Badalona en 1987, é unha cantante catalá.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro dunha familia vencellada á música amadora, empezou a escribir cancións e a tocar a guitarra aos dezaoito anos. Empezou estudos de literatura e tradución na universidade e compaxinouno con traballos temporais diversos, como o de acomodadora no Teatre Lliure, entre outros. Debido a unha rotura do fémur, en 2014 deixa o traballo e posteriormente comeza a estudar canto na Escola de Música Moderna de Badalona, a facer actuacións e a continuar formándose con Marc Sempere, impulsor do colectivo Compartir Dóna Gustet, e con Jasmin Martorell, profesor de lírica que fora discípulo de Montserrat Caballé. A nivel musical, basea o seu fondo na música de tradición oral da Península Ibérica;[1] segundo di a artista, quere achegarse á tradición desde a cultura libre na era dixital.[3]

Discografía[editar | editar a fonte]

Publicou tres discos, co acompañamento musical de Marcel Bagés á guitarra eléctrica.

  • Remescles, acoples i melismes (EP, 2015)[4]
  • Verbena (EP, 2016)[1]
  • 45 cerebros y 1 corazón (LP, 2017)[5]

Premios[editar | editar a fonte]

Premios co dúo Maria Arnal i Marcel Bagés:

  • Premio Ciutat de Barcelona 2016 na categoría de Música polo disco "Vervena".[6]
  • Premio Altaveu 2017 na 29ª edición do Festival Altaveu.[7]
  • Premios MIN 2018, da Música Independente, na súa 10ª edición, nas categorías de Premio El País ao Álbum do Ano, Premio Los40 Trending ao Mellor Artista Emerxente, Premio Fundación SGAE á Canción do Ano e Premio ao Mellor Álbum de Pop.[8]
  • Premios ARC 2018, da Associació Professional de Representats, Promotors i Mànagers de Catalunya, na súa 16ª edición, nas categorías á Mellor Xira por Salas de Cataluña e Mellor Xira de Grupo Musical por Festivais de Cataluña.[9]
  • Premio Ojo Crítico 2018 na categoría de Música Moderna.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 BURDEUS, Joan. «Maria Arnal, la veu del canvi». Núvol, 13-09-2016 (en catalán). [Consultado o 7 de febreiro de 2019].
  2. CERVANTES, Xavier. «Les cançons de codi obert de Maria Arnal i Marcel Bagés». Ara.cat, 04-03-2016 (en catalán). [Consultado o 7 de febreiro de 2019].
  3. BIANCIOTTO, Jordi. «Maria Arnal i Marcel Bagés, un canto transformador Arquivado 09 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.», El Periódico, 22-06-2016 (en castelán). [Consulta: 7 de febreiro de 2019].
  4. «Maria Arnal i Marcel Bagés» (en catalán). [Consultado o 13 de febreiro de 2019].
  5. ALIAGA, Xavier « Arnal-Bagés: dos cervells i un cor enorme». El Temps, núm. 1725, 03-07-2017 (en catalán). [Consultado o 7 de febreiro de 2019].
  6. "Los Premis Ciutat de Barcelona reconocen a Fontcuberta, 'Timecode', Maria Arnal y Jordi Savall". Europa Press, 01-02-2017 (en castelán). [Consultado o 13 de febreiro de 2019]
  7. CRESPO, Imanol. "Jaume Sisa, Maria del Mar Bonet, Maria Arnal y Marcel Bagés, ‘Zoo’, Jordi Sabatés, ‘Festival Clòwnia’ y ‘Senyor dels Llamps’, galardonados en los Premios Altaveu 2017 de Sant Boi". El Llobregat, 08-09-2017 (en castelán). [Consultado o 13 de febreiro de 2019]
  8. "Ganadores de los Premios MIN 2018". Unión Fonográfica Independiente, 19-03-2018 (en castelán). [Consultado o 13 de febreiro de 2019]
  9. "Maria Arnal i Marcel Bagés obtienen 2 premios ARC en una gala reivindicativa". La Vanguardia, 11-12-2018 (en castelán). [Consultado o 13 de febreiro de 2019]
  10. "'El Ojo Crítico' de RNE entrega sus premios 2018, que homenajean al editor Jorge Herralde y al actor Héctor Alterio". RTVE, 12-02-2019 (en castelán). [Consultado o 13 de febreiro de 2019]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]