Maria Antonietta Beluzzi
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 26 de xullo de 1930 Boloña, Italia |
| Morte | 6 de agosto de 1997 Boloña, Italia |
| Causa da morte | infarto |
| Actividade | |
| Ocupación | actriz de cinema |
Maria Antonietta Beluzzi, nada o 26 de xullo de 1930 e finada o 9 de agosto de 1997, foi unha actriz italiana que apareceu en numerosos filmes no seu país nativo. É probabelmente máis coñecida por interpretar o papel da tabaqueira no filme de Federico Fellini Amarcord, cuxa excitación polo protagonista adolescente remata de xeito irónico. Esta aparición ocorreu dez anos após a primeira colaboración con Fellini non acreditada (como candidata de proba da pantalla para La Saraghina)[1] en 8½.
A súa aparición en Amarcord é mencionada cariñosamente polas personaxes da novela de John Irving Until I Find You (2005).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Maria Antonietta Beluzzi - Filmography". cinema.com. Consultado o 26 de setembro de 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Maria Antonietta Beluzzi na IMDb (en inglés).