Maria Antonia Señarís

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaria Antonia Señarís
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigadora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade da Coruña Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

María Antonia Señarís Rodríguez, nada en Santiago de Compostela en 1965, é catedrática de Química Inorgánica da Universidade da Coruña.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Maria Antonia Señarís é licenciada e en Química pola Universidade de Santiago de Compostela, posúe un máster en Materiais de Interese Tecnolóxico e é doutora en Química pola Universidade Complutense de Madrid. [2]Foi bolseira Fullbrigt na Universidade de Texas en Austin, onde traballou co profesor John Goodenough, Premio Nobel de Química en 2019.

Dirixe o grupo de investigación en Química do Estado Sólido e Materiais da UDC, que desenvolve a súa investigación no ámbito da química e física do estado sólido e materiais.[3] É coinventora  de dúas patentes en materiais dieléctricos e seis patentes sobre materiais e dispositivos calóricos.

Actualmente é vicepresidenta do Grupo Español de Química do Estado Sólido e Materiais  da  Real Sociedad Española de Química.[3] En 2021 María Antonia recibe a medalla Antonio Casares Rodríguez, da sección de Química e Xeoloxía, da Real Academia Galega de Ciencias.[3]

Notas[editar | editar a fonte]