Maria Angela Cassol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maria Angela Cassol
Nacemento27 de outubro de 1956
 Nettuno
ÁreaDeseño e gravado de moedas e medallas.
EducaciónAcademia de Belas Artes de Roma.
NacionalidadeItalia
editar datos en Wikidata ]

Maria Angela Cassol, nada en Nettuno, Roma, o 27 de outubro de 1956, é unha medallista e deseñadora de moedas italiana, vinculada ao Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1976 acadou unha diplomatura en Artes Aplicadas, sección de Arte Metálica e Xoiaría, no Instituto Estatal de Arte de Anzio, Roma, e en 1981 graduouse en escultura na Academia de Belas Artes de Roma, onde foi alumna do escultor Emilio Greco. Logo complementou a súa formación durante tres na Escola de Arte da Medalla do Instituto Poligráfico e Ceca do Estado, institución na que desde 1987 exerce como gravadora.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

Entre os seus traballos hai varias moedas circulantes destacadas, como é o caso do anverso os 20 céntimos de euro italianos cuñados a partir de 2002, dedicada á obra de Umberto Boccioni Forme uniche della continuità nello spazio ("Formas únicas de continuidade no espazo"). Cassol tamén é autora da moeda de 2 euros de Italia de 2019 dedicada a Leonardo da Vinci, e de máis dunha vintena de moedas conmemorativas italianas, tanto do sistema da lira como do do euro.[2]

Ademais das moedas italianas, tamén están entre os seus deseños diversas moedas circulantes e conmemorativas da serie do euro emitidas polo Vaticano e por San Marino, e cuñadas na ceca pública italiana.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Maria Angela Cassol". Mebnet.altervista.org
  2. 2,0 2,1 Moedas gravadas por Angela Cassol. Numista.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]