Mari Luz Esteban Galarza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mari Luz Esteban Galarza
Mariluz-Argia Dani Blanco.jpg
Nome completoMari Luz Esteban Galarza
Nacemento1959
 Pedrosa de Valdeporres
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade do País Vasco e Universidade de Barcelona
Ocupaciónantropóloga, médica, catedrática e escritora
editar datos en Wikidata ]

Mari Luz Esteban Galarza, nada en Pedrosa de Valdeporres (provincia de Burgos) en 1959, é licenciada en Medicina pola Universidade do País Vasco (UPV/EHU, 1983) e doutora en Antropoloxía na Universitat de Barcelona (1993).[1][2][3]

Traxectoria social e profesional[editar | editar a fonte]

Tras a súa licenciatura en Medicina, traballou en Bizkaia (Basauri e Bilbo) como médica de planificación familiar desde 1984 até 1996.

Tras doutorarse, imparte clases de Antropoloxía Social, inicialmente na Universidade de León (1994-1996), despois na Universidade Pública de Navarra (1996-1998), e desde 1998 é profesora da Universidade do País Vasco (UPV/EHU).[4][5]

Participou en distintas iniciativas e asociacións feministas desde 1980: foi membro da Asemblea de Mulleres de Bizkaia e da Plataforma por un Sistema Público Vasco de Atención á Dependencia. Hoxe en día forma parte do Grupo de Mulleres de Basauri (Bizkaia) ao que pertence desde os seus anos de universidade e de Marienea Elkartea (Casa das Mulleres de Basauri).

A súa tese de doutoramento, no campo da saúde reprodutiva e o xénero, enfocouse ao estudo da vivencia das mulleres da súa propia saúde e a experiencia dos centros de planificación familiar, área na que ten distintas publicacións. Despois desta investigación, desenvolveu unha nova perspectiva teórico-metodolóxica -antropoloxía do corpo- cuxa publicación máis importante é o libro Antropología del cuerpo. Género, itinerarios corporales, identidad y cambio (Barcelona: Edicions Bellaterra, 2004). Posteriormente adentrouse no campo das emocións e o amor, publicando, entre outras cousas, un libro titulado Crítica del Pensamiento Amoroso (Barcelona: Edicions Bellaterra, 2011).

Así, as súas investigacións céntranse no ámbito da Antropoloxía da Medicina, a Antropoloxía Feminista e a Antropoloxía do Corpo e das Emocións.[6]

Escribiu tamén un libro de poesía: Amaren heriotzak libreago egin ninduen (Iruñea: Pamiela, 2013), traducido ao catalán: La mort de la meva mare em va fer més lliure (Barcelona: Pollen, 2016) e ao castelán: La muerte de mi madre me hizo más libre (Madrid: La oveja roja, 2017)

Tamén un ensaio sobre as transformacións na política, en xeral, e na política feminista, en particular, a partir da súa experiencia no ámbito vasco: Feminismoa eta politikaren eraldaketak (Zarautz: Susa-Lisipe)

Publicacións[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa traxectoria profesional publicou diverso material: libros, monografías e unha variedade de artigos en revistas especializadas. De todo este material impreso destacan:

  • "Antropología encarnada, antropología desde una misma”. Revista electrónica: Papeles del CEIC, Nº 12. CEIC (Centro de Estudios sobre las Identidades Colectivas), UPV-EHU, Marzo 2004.[1]
  • Crítica del pensamiento amoroso (2011),[7]
  • Identidades de género, feminismo, sexualidad y amor: los cuerpos como agentes (2009);[8]
  • El estudio de la salud y el género. Las ventajas de un enfoque antropológico y feminista (2006);[9]
  • Antropología del cuerpo. Género, itinerarios personales, identidad y cambio (Bellaterra, 2004).[10]
  • Re-producción del cuerpo femenino. Discursos y prácticas acerca de la salud (Gakoa-Tercera Prensa, 2001);[11]
  • Emakumeen osasunaz beraiei galdezka. Ugalketa eta sexualitate eredu desberdinak (1993);[12]
  • Amaren heriotzak libreago egin ninduen (Iruñea: Pamiela, 2013)[2], traducido ao catalán: La mort de la meva mare em va fer més lliure (Barcelona: Pollen, 2016)[3] e ao castelán: La muerte de mi madre me hizo más libre (Madrid: La oveja roja, 2017)[4]
  • Feminismoa eta politikaren eraldaketak (Zarautz: Susa-Lisipe)[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Legarreta, Maitane (23 de xullo de 2017). "Mari Luz Esteban: “Euskal gizarteak gutxieneko maila badu berdintasunari eta feminismoari dagokienez” - 111 Akademia". 111 Akademia (en éuscaro). Consultado o 8 de decembro de 2017. 
  2. http://aunamendi.eusko-ikaskuntza.eus/eu/esteban-galarza-mari-luz/ar-148550/
  3. "“El amor sustenta desigualdades sociales” | Periódico Diagonal". www.diagonalperiodico.net. Consultado o 8 de diciembre de 2017. 
  4. "Maria Luz Esteban Galarza – Red de Antropologia de y desde los cuerpos". red.antropologiadelcuerpo.com (en castelán). Consultado o 23 de novembro de 2017. 
  5. "Esteban Galarza, Maria Luz". 
  6. "Mari Luz Esteban Galarza - AFIT-Antropologia Feminista Ikerketa Taldea". 
  7. Crítica del pensamiento amoroso : temas contemporáneos. Bellaterra. ISBN 9788472905498. OCLC 796224304. 
  8. "Identidades de género, feminismo, sexualidad y amor: los cuerpos como agentes" (1). ISSN 1130-8001. 
  9. "El Estudio de la Salud y el Género. Las ventajas de un enfoque Antropológico y Feminista" (PDF) (Xaneiro-Abril). ISSN 1669-2381. 
  10. Antropología del cuerpo : género, itinerarios corporales, identidad y cambio. Edicions Bellaterra. ISBN 9788472902701. OCLC 58049703. 
  11. Re-producción del cuerpo femenino. Discursos y prácticas acerca de la salud. Tercera Prensa. ISBN 9788487303616. OCLC 48569057. 
  12. "Emakumeen osasunaz beraiei galdezka. Ugalketa eta sexualitate eredu desberdinak (Preguntando a las mujeres sobre su salud. Diferentes modelos de reproducción y sexualidad). :: Euskal Bibliografia :: Euskomedia".