Marguerite Pindling

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marguerite Pindling
Philip Davis and Marguerite Pindling 2015.jpg
Nacemento26 de xuño de 1932
Lugar de nacementoSouth Andros
NacionalidadeBahamas
Ocupaciónpolítica
CónxuxeLynden Pindling
PremiosCabaleiro da Gran Cruz da Orde de san Miguel e san Xurxo
editar datos en Wikidata ]

Marguerite Pindling McKenzie, nada en Andros Sur o 26 de xuño de 1932, é unha política bahamesa, que foi Gobernadora Xeral da Mancomunidade das Bahamas dende 2014[1] a 2019[2]

Foi a segunda muller Gobernadora Xeral do país despois de Ivy Dumont.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Marguerite McKenzie é filla de Reuben e Viola McKenzie e naceu en Andros Sur o 26 de xuño de 1932.[1] Trasladouse a Nassau en 1946 para vivir coa súa irmá e asistíu ó Western Senior School.[3] Converteuse en asistenta do fotógrafo Stanley Toogood.

Pouco despois, coñeceu a Lynden Pindling, quen sería primeiro ministro das Bahamas dende 1969 até 1992. A parella casou o 5 de maio de 1956 e permaneceron casados até a morte del o 26 de agosto de 2000.[4] A parella tivo catro fillos.[3]

O 7 de xullo de 2014 foi anunciada como nova Gobernadora Xeral das Bahamas, sucedendo a Arthur Foulkes, e tomou posesión do cargo ó día seguinte.[1] O seu mandato coincidiu cos dos primeiros ministros Perry Christie e Hubert Minnis.

En xuño de 2019 anunciouse que sería substituída por Cornelius A. Smith,[5] que xurou o cargo o 28 dese mes.[2]


Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Bahamas New Governor General Announced". The Bahamas Weekly. Consultado o 25 de xullo de 2014. 
  2. 2,0 2,1 "The Hon. Cornelius A. Smith Sworn In as the 11th Governor-General" (en inglés). 28 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2019. Consultado o 3 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "Dame Marguerite Pindling Sworn In As 10th Governor General of the Bahamas". Caribbean Elections. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 16 de setembro de 2014. 
  4. "The life and times of Dame Marguerite Pindling, October 28th", Bahamas Historical Society. Bahamas Weekly, 23 de outubro de 2010,
  5. "The Cabinet Office announces The Honourable Cornelius A. Smith to serve as the 11th Governor-General in an Independent Bahamas!" (en inglés). 17 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2019. Consultado o 3 de xullo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]