Margarita Leoz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de decembro de 1980 (44 anos) Pamplona, España |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, crítica literaria, escritora |
Margarita Leoz Munilla, nada en Pamplona en 1980, é unha filóloga, comentarista literaria e escritora española.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Filoloxía Francesa pola Universidade de Salamanca (2002) e en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Barcelona (2004), gañou varios premios de relato e poesía. Recibiu o Premio Francisco Ynduráin das Letras para Escritores Novos en 2011.[2][3]
En 2008 publicou o seu primeiro libro de poesía, El telar de Penélope, na editorial madrileña Calambur. Con esta obra gañou o Certame de Encontros de Novos Artistas de Navarra en 2007.[4]
Como escritora, declarou sentirse bastante influenciada polos escritores estadounidenses do século XX, como John Cheever ou Tobias Wolff; tamén mostrou simpatía cara ao escritor noruegués Askildsen. Entre todos axudáronlle a concibir a súa forma de escritura en prosa, a cal propulsou o seu libro Segunda residencia,[5] publicado en 2012 en Tropo Editores.[6] Sendo o seu primeiro libro de prosa, é un compendio de trece relatos que falan da vida ordinaria.[7] Tivo unha acollida como un libro maduro cheo de olladas aos detalles nimios da rutina diaria.[8][9][10][11]
Figura na antoloxía Mujeres. Poéticas del Agua (2011), entre outras.
Colaborou en revistas culturais (La casa de los Malfenti, NAV7, Pregón Siglo XXI, etc.), e como comentarista literaria, en programas de radio e televisión locais,[12] como o programa Así suenan los libros de Onda Cero en Radio Navarra.[13] Tamén usa as plataformas blogs como método de escrita e divulgación da literatura á que fai críticas tanto a título persoal como profesionalmente.[11]
Obras
[editar | editar a fonte]- Leoz, Margarita (2008). El telar de Penélope (en castelán). Madrid: Calambur. ISBN 978-84-835904-6-1. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2015. Consultado o 10 de xaneiro de 2015.
- Leoz, Margarita (2012). Segunda residencia (en castelán). Zaragoza: Tropo Editores. ISBN 978-84-96911-47-5. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2015. Consultado o 10 de xaneiro de 2015.[14]
- Leoz, Margarita (2019). "Flores fuera de estación". Seix Barral. ISBN 978-84-322-3559-7. Consultado o 6 de novembro de 2019.[15]
- Leoz, Margarita (2022). Punta Albatros (en castelán). Zaragoza: Seix Barral. ISBN 978-84-322-4069-0. Consultado o 17 de xuño de 2022.
Colectivas
[editar | editar a fonte]- Varias autoras (2011). Marina Aoiz, ed. Mujeres. Poética del Agua (PDF) (en castelán) (marzo de 2011. 1ª ed.). Villatuerta: Edelphus Ediciones. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de decembro de 2014. Consultado o 24 de xaneiro de 2015. (DL: NA-1553-2011).[16]
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Leoz, Margarita (primavera de 2010). "«El extranjero» de Camul". La Casa de los Malfenti (nº 34). Arquivado dende o orixinal o 5 de marzo de 2016. Consultado o 24 de xaneiro de 2015.
- Leoz, Margarita (outono de 2010). "Relato Breve". La Casa de los Malfenti (nº 36). Arquivado dende o orixinal o 5 de marzo de 2016. Consultado o 24 de xaneiro de 2015.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ministerio de Cultura (ed.). "Margarita Leoz" (en castelán). Huesca: Tropo Editores. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2015. Consultado o 23 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Margarita Leoz gana el premio Francisco Ynduráin de las Letras" (en castelán). Pamplona: Diario de Navarra. 19 de outubro de 2011.
- ↑ "La pamplonesa Margarita Leoz gana el Francisco Ynduráin de las Letras" (en castelán). ABC.es. 18 de outubro de 2011.
- ↑ "El telar de Penélope: Margarita Leoz" (en castelán). Pamplona: Ateneo Navarro. 21 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 27 de xaneiro de 2015.
- ↑ "“El relato se parece a un iceberg”" (en castelán). La Nueva España. 30 de abril de 2012.
- ↑ Luque, Alejandro (marzo de 2012). "Cuidar de los detalles". Revista Mercurio (nº139).
- ↑ Ciria, Sara (8 de febreiro de 2012). "“Los cuentos son como icebergs, lo que ves es solo la punta de una historia compleja”" (en castelán). Diario del AltoAragón. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 27 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Margarita Leoz: «Mi segunda residencia es la literatura»" (en castelán). Pamplona: Diario de Navarra. 21 de marzo de 2012.
- ↑ "Margarita Leoz comenta su libro de relatos Segunda Residencia (Tropo Editores)" (Vídeo). No apagues la luz (en castelán). Pamplona: Popular TV Navarra. 8 de febreiro de 2012.
- ↑ García Nieto, Rebeca (17 de maio de 2012). "Segunda residencia" (en castelán). Culturamas.
- ↑ 11,0 11,1 Zubiaur, Paula (21 de marzo de 2012). "Entrevista con Margarita Leoz" (Vídeo) (en castelán). Pamplona: Diario de Navarra.
- ↑ Roa, Sebastián (13 de marzo de 2012). "Venganza en la televisión navarra" (en castelán). Web del escritor Sebastián Roa. Arquivado dende o orixinal o 7 de xullo de 2013. Consultado o 2 de abril de 2020.
- ↑ Bescós, Paco (31 de maio de 2012). "Entrevista a la escritora Margarita Leoz" (en castelán). Suburbano. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2015. Consultado o 23 de xaneiro de 2015.
- ↑ Ibero-Americana, ed. (marzo de 2012). "Nuevos libros de España" (PDF) (en castelán). Ministerio de Cultura. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de xaneiro de 2013. Consultado o 24 de xaneiro de 2015.
- ↑ Alejos, Nerea (30 de outubro de 2019). ""El relato tiene esa magia de la relectura y ese poso especial que deja en el lector"". Diario de Navarra (Pamplona). pp. 58–59. Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ "La escritora Marina Aoiz presentó el libro Mujeres, Poética del Agua." (en castelán). Tafalla: Zona Media Televisión. 9 de outubro de 2011.[Ligazón morta]