Margarita Díaz-Andreu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Margarita Díaz-Andreu
Nacemento13 de outubro de 1962
NacionalidadeEspaña
Ocupacióninvestigadora
Na rede
Dialnet: 225666
editar datos en Wikidata ]

Margarita Díaz-Andreu García, nada o 13 de outubro de 1962 , é unha arqueóloga e investigadora española . [1] É directora e investigadora principal do proxecto ArqueólogAs da Universidade de Barcelona (UB), cuxo obxectivo é «analizar dunha maneira crítica o papel da muller na arqueoloxía española, dende a profesionalización da disciplina no século XIX até os nosos días"[2]. En 2021 gañou o Premio Nacional de Investigación.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Díaz-Andreu licenciouse en 1986 na Universidade Complutense de Madrid (UCM) onde recibiu o Premio Extraordinario de Doutoramento en 1990. [4] As súas investigacións e traballos están moi ligados á arte rupestre .[5] Ocupou diversos cargos de responsabilidade no Consello Superior de Investigacións Científicas (1993-1994), na Universidade Complutense de Madrid (1993-1995) e na Universidade de Durham (1996-2011).[6]

É pioneira na investigación sobre Patrimonio Arqueolóxico, investigadora do ICREA e dirixe o Grupo de Arqueoloxía Pública e Patrimonio (GAPP). [7] Ademais, forma parte do Proxecto Arqueoloxía Sen Fronteiras. [8]

Como directora do proxecto ArqueólogAs da Universidade de Barcelona, Díaz-Andreu é a encargada de recuperar a memoria de mulleres que pertenceron á ciencia e formaron parte da Historia,[9] aplicándolles a perspectiva de xénero . As súas investigacións trascenderon a España e chegaron a Francia e Inglaterra .[10]

É autora de 16 libros, 9 deles editados, algúns publicados en editoriais internacionais de renome (Oxford University Press, Routledge) e outros en forma de números especiais en revistas internacionais de prestixio. Tamén publicou máis de 70 artigos e case un centenar de capítulos de libros. [7]

É vicepresidenta da Comisión de Historia da Arqueoloxía da Unión Internacional de Ciencias Prehistóricas e Protohistóricas. Tamén pertence ao consello de redacción de American Anthropologist, Spanish Historical Index e forma parte do consello asesor da revista "Prehistory Works". Así mesmo, é membro da Rede de Valores do Patrimonio (proxecto JPI-JHEP). [8]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1990, Díaz-Andreu gañou o premio extraordinario de doutoramento na Universidade Complutense de Madrid . [11] En 2018, recibiu unha gran subvención do Consello Europeo de Investigación (ERC) que só se concede a investigadores sénior.[12][13]

En 2021 gañou o Premio Nacional de Investigación outorgado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, de España.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "HOTSAK/SONIDOS: Más allá del sonido con Margarita Díaz-Andreu | Jakiunde". Consultado o 2021-04-25. 
  2. "Equipo ArqueólogAs" (en castelán). Consultado o 2021-04-25. 
  3. "El Ministerio de Ciencia e Innovación otorga las diez modalidades de los Premios Nacionales de Investigación 2021". www.ciencia.gob.es. Consultado o 2021-11-23. 
  4. "Dra. Margarita Díaz-Andreu". Consultado o 2021-04-24. 
  5. "Dra. Margarita Díaz-Andreu, autor en Fundación Palarq" (en castelán). Consultado o 2021-04-24. 
  6. "Díaz-Andreu García, A. Margarita" (en inglés). Consultado o 2021-04-24. 
  7. 7,0 7,1 "Margarita Díaz-Andreu" (en castelán). Consultado o 2021-04-24. 
  8. 8,0 8,1 "Miembros" (en castelán). 2014-02-13. Consultado o 2021-04-24. 
  9. Redacción (2020-11-09). "La UA participa en ArqueólogAs, un proyecto sobre la mujer en la arqueología española" (en castelán). Consultado o 2021-04-24. 
  10. "ArqueólogAs, un proyecto que recupera la memoria de las mujeres". EFeminista. 
  11. "Arqueólogos del presente | Reportajes | MG Magazine". Consultado o 2021-04-24. 
  12. ub. "Margarita Díaz-Andreu obtiene una Advanced Grant del Consejo Europeo de Investigación para investigar las características acústicas del arte rupestre - Universitat de Barcelona" (en catalán). Consultado o 2021-04-24. 
  13. "La UE financia 18 proyectos de ciencia excelente española" (en castelán). Consultado o 2021-04-24. 
  14. "La Moncloa. 22/11/2021. Ciencia e Innovación otorga las diez modalidades de los Premios Nacionales de Investigación 2021 [Prensa/Actualidad/Ciencia e Innovación]" (en castelán). Consultado o 2021-11-23. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]