Margarita Cedeño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Margarita Cedeño
Her Excellency Ms. Margarita Cedeño de Fernández, Vice-President of the Dominican Republic (8957848699)-edit.jpg
Nacemento1 de maio de 1965
 Santo Domingo
NacionalidadeRepública Dominicana
Alma máterAutonomous University of Santo Domingo, Universidade de Salamanca e Pontifícia Universidade Católica Madre y Maestra
Ocupaciónpolítica e avogada
CónxuxeLeonel Fernández
editar datos en Wikidata ]

Margarita María Cedeño Lizardo, nada o 1 de maio de 1965, máis coñecida como Margarita Cedeño de Fernández polo seu casamento con Leonel Fernández, é unha política e avogada dominicana. É a vicepresidenta da República Dominicana. Foi a primeira dama da República Dominicana dende 2004 até 2012.

Vicepresidencia[editar | editar a fonte]

Danilo Medina e Margarita Cedeño xurando o seu gabinete.

O 24 de marzo de 2012 renunciou ó seu cargo como Primeira Dama a través da rede social Twitter logo de que varias organizacións llo solicitaran por estar a facer proselitismo político e ser candidata á vicepresidencia.[1]

Margarita Cedeño de Fernández, xunto a Danilo Medina, foron declarados gañadores das eleccións presidenciais de 2012 o 28 de maio de 2012, 8 días despois dos comicios.[2] Tomaron xuramento o 16 de agosto do 2012.[2]

É a segunda muller en acadar o segundo maior posto político da República Dominicana; a primeira en logralo foi Milagros Ortiz Bosch, quen ocupou o cargo durante o período 2000-2004.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Listín Diario Primera dama anuncia que toma licencia por candidatura vicepresidencial Data de acceso: 12 de xuño de 2012.
  2. 2,0 2,1 Listín Diario La JCE declara ganadores a Danilo y Margarita Data de acceso: 12 de xuño de 2012.