Margarida Corral
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1976 (47/48 anos) |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Margarida Corral Sánchez, nada en Pontedeume en 1976, é unha socióloga e política galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciada en Socioloxía pola Universidade da Coruña. Foi concelleira da Muller, Servizos Sociais e Sanidade polo BNG de Mugardos entre 2003 e 2007. Traballou como preparadora laboral en FADEMGA, e dende o 2005 traballa como técnica de igualdade na Confederación Intersindical Galega.
Colabora en revistas como Terra e Tempo.[1]
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Guía práctica para a elaboración, implementación e avaliación dun PLAN DE IGUALDADE nunha empresa. CIG. Deputación da Coruña. Xullo 2007
- Guía formar en igualdade forGA. Novembro de 2007
- Guía dos dereitos das mulleres vítimas de violencia de xénero. Confederación Intersindical Galega. Servizo Galego de Igualdade da Xunta de Galicia. Novembro de 2007
- A aplicación da lei orgánica de igualdade no ámbito laboral. Confederación Intersindical Galega. Marzo de 2007
- Guía da linguaxe non sexista. Confederación Intersindical Galega Marzo de 2006
- I Plan de Acción Sindical para a igualdade de mulleres e homes 2005-2009. Confederación Intersindical Galega. Decembro de 2005.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha de Corral en Terra e Tempo". Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2013. Consultado o 03 de agosto de 2012.