Margarida Àlvarez i Àlvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Margarida Àlvarez i Àlvarez
Nome completo Margarida Àlvarez i Àlvarez
Nacemento 1948
  Provincia de Lugo
Nacionalidade España
Ocupación política
editar datos en Wikidata ]

Margarida Àlvarez i Àlvarez, nada na provincia de Lugo en 1948, é unha profesora e política catalá de orixe galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estabelecida en Cataluña, traballou como profesora de matemáticas na educación secundaria, e dende 1983 como funcionaria en Servizos de Inspección da Consellería de Educación da Generalitat. En 1995 ensinou castelán e catalán para inmigrantes. De 1997 a 1999 coordinou a integración educativa de nenos de familias de inmigrantes ou con risco de marxinación social e cultural. Entre 1996 e 1999 foi a representante do Departamento de Educación da Generalitat de Catalunya no Programa para a Prevención e o Coidado da SIDA.[1]

A finais de 1999 foi nomeada presidenta do Instituto catalán da Muller, malia a oposición do PSC, que alegaba a súa militancia na UDC, un partido que non salientou nunca polas súas accións en defensa dos dereitos da muller. En 2001, pediu á empresa Renault a retirada dun anuncio considerado sexista.[2]

Cando en decembro de 2002 anunciou a súa substitución no cargo por Joana Ortega i Alemany, culpou publicamente da súa dimisión a Josep Antoni Duran i Lleida, aínda que manifestou que continuaría militando en Unió Democràtica de Catalunya.[3]

Notas[editar | editar a fonte]