Margareta Niculescu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMargareta Niculescu

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ro) Margareta-Cecilia Herscovici Editar o valor em Wikidata
4 de xaneiro de 1926 Editar o valor em Wikidata
Iași (Reino de Romanía) Editar o valor em Wikidata
Morte19 de agosto de 2018 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Charleville-Mézières (Francia) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Romanía
República Socialista de Romanía
República Popular da Romênia (pt) Traducir
Francia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPuppetry company (en) Traducir, theater management (en) Traducir, directing (en) Traducir, xornalismo e pedagoxía Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndirector teatral , directora de teatro , pedagoga , puppet designer (en) Traducir , monicrequeira , xornalista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorNational School for Higher Education in Puppetry Arts (en) Traducir, directora (1987–1998) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua romanesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Margareta Niculescu, nada en Iaşi (Romanía) o 4 de xaneiro de 1926 e finada en Charleville-Mézières (Francia) o 19 de agosto de 2018 foi unha artista, monicrequeira, profesora e directora de teatro romanesa. Dende a década de 1950 contribuíu á renovación da arte dos monicreques en Europa e no resto do mundo. Foi directora do Teatro Tandarica de Bucares. Entre 2000 e 2004 foi a presidenta da International Puppetry Association en Charleville-Mezieres e cofundou con Jacques Felix, a Escola Nacional das Artes dos Monicreques nesa cidade. En 1978 recibiu o premio Erasmus xunto con outros destacados monicrequeiros como Yves Joly, Peter Schumann e os irmáns Napoli.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada en Iaşi, Romanía, Niculescu descubriu un grupo de monicrequeiros e considerou a súa arte teatral e dirixida precisamente aos seus proxectos. O teatro de monicreques nesa época non estaba nin estruturado nin profesionalizado en Romanía, senón que pequenos grupos de artistas creaban as súas personaxes dende o folclore tradicional.[1]

Nese tempo o Partido Comunista Romanés tomou o poder e aboliu a monarquía, proclamando a República Popular de Romanía o 30 de decembro de 1947. O partido creou entón unha nova rede de institucións culturais controladas polo estado. Como parte do proceso, Niculescu foi convidada polo Ministerio de Cultura a axudar a levar os monicreques a un novo nivel como teatro nacional. Neste novo campo, Niculescu comezou estudos no Instituto das Artes Teatrais e Cinematográficas de Bucarest, e converteuse en directora do Teatro Tandarica da capital. Nese momento tiña vinte e tres anos e permaneceu no cargo entre 1949 e 1986.[1][2][3][4] Como directora, recibiu o premio Erasmus en 1978, recoñecida por ser "un teatro colorista e imaxinativo que tivo unha influencia fértil nos monicreques de posguerra".[5]

En 1985–1986, despois de 37 anos á fronte do Tandarica Theater, Niculescu (con Jacques Felix) fundou o Instituto Internacional de Monicreques nas Ardenas. Tres anos máis tarde, de novo con Felix, creou a Escola Nacional de Monicreques en Charleville Mezieres, da que foi directora entre 1987 e 1998.[6][7]

Niculescu faleceu o 19 de agosto de 2018 en Charleville-Mézières, aos 92 anos.[8]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Světové loutkářství : současné loutkové divadlo slovem i obrazem, 1966, en checo.
  • The puppet theatre of the modern world; an international presentation in word and picture, UNIMA, 1967, inglés e alemán.
  • Puppentheater der Welt; zeitgenössisches Puppenspiel in Wort und Bild, UNIMA, 22 reimpresións 1965 – 1968 en Alemaña.
  • Marionnettes du monde entier : théâtres de marionnettes contemporains, UNIMA, 1967, en francés.
  • L'avant-garde et la marionnette, 1988, en francés.
  • Die Avantgarde und das Figurentheater, 1993, en alemán.
  • Marionnettes en territoire brésilien, Festival mondial des théâtres de marionnettes, 1994, en francés.
  • Passeurs et complices (Passing it on), Institut international de la marionnette, en francés e inglés, 2009.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Darge, Fabienne. "Margareta Niculescu". Le Monde (en francés). ISSN 1950-6244. Consultado o 21 de novembro de 2015. 
  2. "L'art de la marionnette à Charleville-Mézières". www.patrimoinevivantdelafrance.fr. Consultado o 21 de novembro de 2015. 
  3. "Margareta NICULESCU". Portail des Arts de la Marionnette. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2019. Consultado o 21 de novembro de 2015. 
  4. "About Us". Ţăndărică Puppet Theatre. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. 
  5. "Former Laureates: Puppet Theatre, 1978". Praemium Erasmianum. Consultado o 21 de novembro de 2015. 
  6. Various authors (14 de abril de 2005). "Les 50 qui font bouger Charleville-Mézières". L'Express. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2019. Consultado o 30 de xuño de 2019. 
  7. Rédaction Le Monde (6 de outubro de 1986). "La marionnette entre à l'Université". Le Monde. 
  8. Décès de Margareta Niculescu, co-fondatrice de l'Ecole Nationale Supérieure de la Marionnette de Charleville-Mézières (en francés)