Margaret Trudeau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMargaret Trudeau

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Margaret Joan Sinclair Editar o valor em Wikidata
10 de setembro de 1948 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Vancouver, Canadá Editar o valor em Wikidata
Spouse of the Prime Minister of Canada (en) Traducir
4 de marzo de 1971 – 27 de maio de 1977
← Maryon Pearson (en) TraducirMaureen McTeer (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Simon Fraser (pt) Traducir
Rockcliffe Park Public School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónautobiógrafa , actriz , escritora , avogada defensora , fotógrafa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePierre Trudeau (1971–1984), divorcio Editar o valor em Wikidata
FillosJustin Trudeau, Alexandre Trudeau (pt) Traducir, Michel Trudeau (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisJames Sinclair (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Doris Kathleen Bernard (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0874043 Allocine: 608543 Allmovie: p71904
Musicbrainz: d272f870-78a8-48d6-8451-3e64da019e5f WikiTree: Sinclair-1769 Editar o valor em Wikidata

Margaret Joan Trudeau (de solteira Sinclair, anteriormente Kemper), nada en Vancouver o 10 de setembro de 1948, é unha escritora, actriz, fotógrafa e presentadora de televisión canadense, defensora social das persoas con trastorno bipolar, trastorno que ela mesma padece. Foi a esposa de Pierre Trudeau, 15.º primeiro ministro do Canadá, e é a nai de Justin Trudeau, 23.º primeiro ministro do Canadá. En 2013 outorgóuselle o grao honorario de Doutoramento en Leis da Universidade de Ontario Occidental en recoñecemento do seu traballo por combater as enfermidades mentais.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Margaret Sinclair naceu en Vancouver, Columbia Británica, filla de James Sinclair, que fora membro polo Partido Liberal do Parlamento do Canadá e Ministro de Pesca e Océanos e de Doris Kathleen (Bernard) Sinclair.[1] Un dos seus antepasados maternos foi un coñecido membro da Compañía Británica de Indias Orientais, William Farquhar.[2] O seu pai era escocés e a ascendencia da súa nai corría sangue inglés, escocés, neerlandés, francés e malaio por parte da súa bisavoa.[2]A súa familia mudouse a Ottawa, Ontario en 1952 cando o seu pai foi nomeado membro do gabinete e regresou a North Vancouver despois de que este perdese a reelección en 1958. Graduouse na Universidade Simon Fraser en 1969 cun bacharelato de artes en socioloxía.[3]

Matrimonio con Pierre Trudeau[editar | editar a fonte]

Cando tiña 18 anos foi de vacacións coa súa familia a Tahití e alí coñeceu a Pierre Trudeau, quen nese momento era Ministro de Xustiza. Sinclair non o recoñeceu, e de feito non deu demasiada importancia ao seu encontro, mais Trudeau quedou cativado por aquela "filla das flores", vinte e nove anos máis nova ca el e comezou a ir tras ela.

Pierre Trudeau aínda estaba solteiro cando foi nomeado primeiro ministro en 1968. Tras manter en privado o seu romance, asombrou o país casando con Sinclair, de 22 anos, o 4 de marzo de 1971 nunha cerimonia privada celebrada en North Vancouver.[4] Isto causou escepticismo entre os canadenses debido á diferenza de idade (Trudeau tiña nese momento 51 anos), mais foi considerado o comportamento típico para un primeiro ministro vivaz orgulloso das súas ideas "progresistas" e o seu vigor xuvenil. Como Pierre Trudeau era católico, ela converteuse a esta relixión polo seu matrimonio. Posteriormente estudou o budismo, a pesar do cal posteriormente se considerou anglicana. Cando se lle preguntou sobre o seu papel no seu matrimonio co primeiro ministro, Trudeau dixo: «Quero ser máis que unha rosa na solapa do meu marido».

Sinclair tivo dificultades para adaptarse á súa nova posición. «Dende o día en que me convertín na señora de Pierre Elliott Trudeau -escribe nas súas memorias- un panel de vidro foi suavemente colocado ao meu arredor, como un paciente nun hospital mental que xa non é considerado capaz de tomar decisións e que non pode ser exposto a unha luz intensa». A parella tivo tres fillos: Justin (nado o 25 de decembro de 1971), Alexandre (Sacha) (nacido o 25 de decembro de 1973), e Michel (2 de outubro de 1975 – 13 de novembro de 1998).[5]

Margaret Trudeau (terceira pola esquerda) na Casa Branca en 1977, xunto ao seu marido Pierre, Jimmy Carter e Rosalynn Carter

Aínda que a parella inicialmente aparentaba ter unha relación moi próxima e amorosa, o matrimonio axiña comezou a decaer. Margaret Trudeau molestábase polas constantes ausencias do seu marido relacionadas co traballo e viuse obrigada a criar os seus tres fillos pequenos en gran medida por si mesma. Alén da extensa publicidade normal pola súa alta posición, nuns cantos casos creou os seus propios titulares. Introduciu droga na equipaxe do primeiro ministro, fixo aparicións con pouca roupa en Studio 54, e esgazou unha colcha obra da artista conceptual canadense Joyce Wieland[6] que estaba colgada na residencia oficial do primeiro ministro en Ottawa porque celebraba «a razón sobre a paixón».[7] (O lema persoal do seu marido era "Razón antes que paixón".)[8]

Co tempo, o matrimonio desintegrouse[9] ata o punto en que, como relata no seu libro, Margaret tivo un romance co senador estadounidense Ted Kennedy. Tamén foi relacionada con membros dos Rolling Stones, incluídos Ronnie Wood[10] e (segundo a autobiografía de Keith Richards, Life)[11][12] Mick Jagger.

Sufriu de tensión e ataques de depresión bipolar; divorciouse do seu marido en 1977 e converteuse nunha destacada membro da jet-set.[13] Deu moitas entrevistas «contándoo todo» a revistas canadenses e estadounidenses e apareceu en dous filmes. Pierre Trudeau gañou a custodia dos seus fillos e non pagou nada despois do matrimonio. Sinclair tivo dificultades para gañar a vida despois do seu matrimonio, escribindo un libro sobre el, Beyond Reason.

Na véspera das eleccións de 1979, en que o Partido Liberal perdeu a maioría dos escanos na Cámara dos Comúns, Sinclair bailaba no club Studio 54 de Nova York. Unha foto dela foi portada de múltiples diarios canadenses.[14]

Vida privada[editar | editar a fonte]

Sinclair presentou a demanda de divorcio o 16 de novembro de 1983 que finalizou o 2 de febreiro de 1984. O 18 de abril de 1984, cos seus tres fillos presentes, casou nunha cerimonia civil en Ottawa co investidor inmobiliario Fried Kemper, con quen tivo dous fillos: Kyle (nado en 1984); e Alicia (nada en 1988).[15][16][13]

En novembro de 1998, o seu fillo Michel, un ávido amante da natureza, morreu cando un alude o arrastrou ladeira abaixo en Kokanee Lake, Columbia Británica. A perda do seu fillo foi devastadora, facéndolle padecer un segundo episodio depresivo e levándoa ao seu segundo divorcio.[17]

Cando Pierre Trudeau faleceu en 2000, estaba ao seu lado cos seus fillos sobreviventes, Justin e Alexandre.[18] Falando en 2010 sobre o seu matrimonio con Trudeau dixo: «Non porque o noso matrimonio acabase significa que o amor se detivo.»[19]

O 19 de outubro de 2015, o seu fillo máis vello, Justin Trudeau, gañou por maioría de votos as eleccións federais do 2015, converténdose no 23.º primeiro ministro do Canadá. Durante o período de campaña, Sinclair evitou facer campaña por medo de que visen o seu fillo como un candidato «tan pouco preparado que precisa da súa nai».[20]

Ocupacións[editar | editar a fonte]

Margaret Trudeau foi presidenta honoraria de WaterCan, unha organización de Ottawa dedicada a axudar as comunidades máis pobres dos países en vías de desenvolvemento construíndo subministracións de auga potable, desenvolvemento sustentable e servizos de saneamento ambiental.[21][22]

O 5 de maio de 2006, Trudeau anunciou de maneira oficial que sufría de desorde bipolar[13]. Dende entón, axudou a reducir o estigma social da enfermidade mental dando conferencias por toda Norteamérica.[16][23] É patroa honoraria da Asociación de Saúde Mental canadense.[24]

É a autora de Changing My Mind, libro sobre a súa experiencia persoal coa desorde bipolar, publicado por HarperCollins Canadá en 2010.[25]

Obras[editar | editar a fonte]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Mentres aínda estaba casada con Pierre Trudeau, Margaret Trudeau tivo unha breve carreira no cinema, aparecendo en dous filmes canadenses, L'Ange Gardien (1978) e Kings and Desperate Men (1981).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Johnson, J. Keith; Public Archives of Canada (1968). The Canadian directory of Parliament, 1867-1967. Queen's Printer. pp. 532. 
  2. 2,0 2,1 "Margaret Trudeau". CBC News. 2008. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2013. Consultado o 01 de xuño de 2020. 
  3. Ip, Stephanie (6 de setembro de 2015). "The Alumni: SFU celebrates 50 years of learning and leaders". The Province. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 12 de novembro de 2015. 
  4. Christopher Guly (1 de outubro de 2000). "Archive: The man who kept Trudeau's biggest secret". Ottawa Citizen. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2013. Consultado o 20 de outubro de 2015. 
  5. Trudeau, Margaret (1980). Beyond Reason. New York, New York: Pocket Books. p. 193. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2017. Consultado o 01 de xuño de 2020. 
  7. Frum, David (2000). How We Got Here: The '70s. New York, New York: Basic Books. p. 115. ISBN 0-465-04195-7. 
  8. Kaufman, Michael (2009). Pierre Trudeau Is Dead at 80; Dashing Fighter for Canada. online. 
  9. "Margaret Trudeau writes of affair with Jack Nicholson, cocaine". UPI. Consultado o 1 de xuño de 2019. 
  10. Link text
  11. Richards, Keith (2010). Life. Little, Brown and Company. ISBN 0-316-03438-X. OCLC 548642133. :Page 393
  12. Day, Elizabeth (13 de novembro de 2011). "The Rolling Stones: that 50-year itch". The Guardian (Londres). 
  13. 13,0 13,1 13,2 Hampson, Sarah (8 de maio de 2009). "Margaret Trudeau is solo, sane, 60 - and irrepressible as ever". The Globe and Mail. Consultado o 19 de outubro de 2014. 
  14. Kuczynski, Alex (17 de maio de 2016). "First Lady Wild Child: Margaret Trudeau". Harper's Bazaar. Consultado o 26 de agosto de 2016. 
  15. "Margaret Trudeau remarries". Milwaukee Sentinel. 19 de abril de 2015. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2015. Consultado o 28 de outubro de 2015. 
  16. 16,0 16,1 Anzalone, Charles (Winter 2008). "Margaret Trudeau: Forgiveness. Gratitude. Wisdom" 3 (2): 22–26. Arquivado dende o orixinal (– Scholar search) o 21 de marzo de 2008. Consultado o 01 de xuño de 2020. 
  17. "Justin Trudeau’s mother, Margaret, was like the Princess Diana of Canada — with a happy ending - The Washington Post". The Washington Post. 22 de outubro de 2015. Consultado o 23 de outubro de 2015. 
  18. Ex-wife at Trudeau's deathbed The Times. 30 September.
  19. "Margaret Trudeau’s last breakdown" article by Anne Kingston article in MacLeans, Canada 8 October, 2010
  20. http://news.nationalpost.com/news/canada/margaret-trudeau-stayed-out-of-campaign-to-avoid-attack-ads-saying-justin-needs-his-mummy
  21. "Margaret Trudeau". HuffPost Canada. Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2019. Consultado o 30 de xullo de 2019. 
  22. Campbell, Meagan (21 de abril de 2017). "Margaret Trudeau’s last job". Maclean's. Consultado o 30 de xullo de 2019. 
  23. Harrold, Max (17 de novembro de 2007). "A plea for more aid, less ignorance: Margaret Trudeau at mental health forum describes long struggle with bipolar disorder". The Gazette. p. A7. 
  24. CMHA - about us.
  25. "www.harpercollins.ca". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2012. Consultado o 10 de outubro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]