Margaret E. Knight
(1912) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 14 de febreiro de 1838 York, Estados Unidos de América (pt) |
| Morte | 12 de outubro de 1914 Framingham, Estados Unidos de América |
| Lugar de sepultura | Newton Cemetery (en) |
| Residencia | Manchester Springfield |
| Educación | fab lab (pt) |
| Actividade | |
| Ocupación | inventora, emprendedora |
| Premios | |
Margaret E. Knight, nada en York, Maine, o 14 de febreiro de 1838 e finada o 12 de outubro de 1914, foi unha inventora estadounidense.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Creou uns 90 inventos e 26 patentes, incluída unha máquina para fabricar bolsas de papel. Por este motivo foi chamada a 'raíña das bolsas de papel'. O seu primeiro invento patentouno á idade de 30 anos, aínda que se lle coñecen trebellos caseiros xa na súa xuventude, incluídos xoguetes para os seus irmáns. É considerada a 'Edison' feminina',[3] abarcando o seu campo de invencións temas relacionados coa vestimenta, motores, prevención de accidentes nas fábricas, calzado, e outros.
A historia da 'raíña' é sinxela: despois comezar a traballar dende nena nunha fábrica de algodón, inventou o aparello para pregar, pegar e facer fondos cadrados para as bolsas, que anteriormente parecíanse ós sobres actuais, cun baixo aproveitamento do espazo interior. Fixo un modelo de madeira, pero necesitaba un en ferro para a patente. Un traballador na compañía que lle facía o modelo en ferro patentou a máquina e ella tivo que loitar legalmente ata consguir a patente en 1870. Ese mesmo ano fundou a súa propia e exitosa compañía, asociada cun home de negocios. A máquina orixinal inventada por ela para as bolsas está no Museo Smithsoniano en Washington.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "NIHF Inductee Margaret Knight Invented the Paper Bag Making Machine". www.invent.org (en inglés). Consultado o 2021-05-11.
- ↑ Inventors and Inventions (en inglés). Marshall Cavendish. 2008. ISBN 978-0-7614-7767-9.
- ↑ Dice, Luis Mario (2013-01-07). "¿ Quién inventó las bolsas de papel ?". El blog de Bolsalea 😍 (en castelán). Consultado o 2021-05-11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2.
- Palacios, Mercedes (2020). Visionarias. Inventoras desconocidas. Ed. Bridge. ISBN: 9788416670888.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Margaret Ellen Knight (1838-1914) no blog Mujeres con ciencia