Marga Maderal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarga Maderal
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor em Wikidata
Redondela, España Editar o valor em Wikidata
Morte2016 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)

Marga Maderal Cal,[1] nada en Redondela en 1955 e finada na mesma vila en 2016, foi unha mestra e activista redondelá.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Maxisterio e licenciouse en Xeografía e Historia. Comezou a traballar como mestra en Barcelona onde estudou Construción e Manipulación de Marionetas no Institut del Teatre.[2]

De volta a Galiza, traballou en Redondela onde practicou o activismo social no Ateneo redondelán,[2] na ONG Entrepobos[3] e no grupo feminista Xanela.[2] Colaborou na fundación de Tanxarina Teatro[4] e desde o inicio na organización do Festival Internacional de Títeres de Redondela.[5]

Foi recoñecida en 2017 polo Festival de Títeres de Redondela[5] e pola Asemblea Feminista Paxaretas en 2019 co premio Ernestina Otero Loitando pola igualdade[6] e coa ilustración de abril do calendario que editaron en 2020.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "MARGA MADERAL CAL: PREMIO ERNESTINA OTERO. "Loitando pola igualdade"". 15 de novembro de 2019. Consultado o 17 de xaneiro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Calendario 2020 da Asemblea Feminista Paxaretas
  3. Cal, Mundo (Abril de 2018). "Marga Maderal de Entrepobos a Esmeraldas (Equador, 2002)". Entrepobos (69). 
  4. "Tatán R. Cunha: 35 años entre títeres". La Región (en castelán). 2018-09-28. Consultado o 2020-01-17. 
  5. 5,0 5,1 "A Xunqueira acoge un acto de homenaje a la maestra Marga Cal". Faro de Vigo (en castelán). 15 de maio de 2017. Consultado o 17 de xaneiro de 2020. 
  6. "Premio póstumo a Marga Cal por el colectivo Paxaretas". Faro de Vigo (en castelán). 14 de novembro de 2019. Consultado o 17 de xaneiro de 2020.