Saltar ao contido

Mare Vint

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMare Vint

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(et) Mare Mänd Editar o valor en Wikidata
15 de setembro de 1942 Editar o valor en Wikidata
Talín Editar o valor en Wikidata
Morte10 de maio de 2020 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Lugar de sepulturaMetsakalmistu Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia Estoniana das Artes Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngravadora, pintora, artista gráfica, artista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1967 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Familia
CónxuxeAndres Tolts (1987–2014)
Tõnis Vint (1967–1976) Editar o valor en Wikidata
Premios

Mare Vint, nada como Mare Mänd en Talín o 15 de setembro de 1942 e finada o 10 de maio de 2020,[1][2] foi unha artista gráfica estoniana. Nas súas obras principalmente procurou describir unha "paisaxe ideal".

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Despois de rematar secundaria en 1961, entre 1962 e 1967 estudou no Eesti NSV Riiklik Kunstiinstituut (actual Academia de Artes de Estonia) e graduouse como artista en cristal.[3] Entre 1967 e 1969 traballou como profesora de arte nun instituto de Talín, e despois como artista autónoma. Desde 1973 foi membro do Sindicato de Artistas de Estonia.[4]

Traballou con debuxo a lapis e tinta, e desde 1972 con litografía. Desde mediados da década de 1960 e comezos da de 1970 creou un estilo caracterizado polo contraste do branco e negro dos seus debuxos, cunha presenza moi ocasional da cor.[5]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 2015 recibiu a IV clase da Orde da Estrela Branca.[6]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

En 1967 casou co artista gráfico Tõnis Vint mais divorciáronse en 1976. En 1987 casou co pintor Andres Tolts, quen faleceu en 2014.

  1. "Lahkunud on kunstnik Mare Vint". Postimees (en estoniano). 11 de maio de 2020.
  2. "Mare Vint in memoriam". Postimees (en estoniano). 11 de maio de 2020.
  3. "vilistlased". Klaasikunst (en estoniano). 6 de xuño de 2007. Arquivado dende o orixinal o 2007-06-06. Consultado o 2020-05-11.
  4. "täna". Spin TEK AS. 28 de xullo de 2010. Consultado o 2020-05-11.
  5. "Mare Vint". NOBA - Nordic and Baltic Art. 2012-11-05. Consultado o 2020-05-11.
  6. Estonian National Broadcasting (2015-02-04). "Täismahus nimekiri: presidendilt saab tänavu teenetemärgi 99 inimest". err.ee (en estoniano). Consultado o 2020-05-11.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]