Mare Ingenii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mare Ingenii

Mare Ingenii (Mar do Enxeño) é un mar lunar que se atopa no hemisferio sur da cara oculta da Lúa.

Ten un diámetro de 318 quilómetros, e unha área duns 36.000 quilómetros cadrados (similar a superficie de Taiwán.[1][2]

Foi descuberto pola misión espacial soviética Luna 3, en 1959.[3]

O mar atópase na conca Ingenii. O material da conca é do período Pre-Nectárico, e o do mar é do período Ímbrico Superior.[4] Dentro do mar pódese distinguir o cráter Thomson, unha gran conca circular, tamén cuberta por material basáltico.[4] O cráter gris claro ao sur do mar é Obruchev. Cara ao nordés atópase o cráter Van De Graaff.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A superficie de Taiwan é de 35.980 km².
  2. http://lunar.arc.nasa.gov/science/atlas/mare/mingenii.htm Arquivado 10 de xullo de 2008 en Wayback Machine. Mare Ingenii
  3. The Moon Mare Ingenii (http://the-moon.wikispaces.com)
  4. 4,0 4,1 Lunar prospector: Atlas Lunar: Mare Ingenii Arquivado 10 de xullo de 2008 en Wayback Machine. (http://lunar.arc.nasa.gov/science/ Arquivado 27 de abril de 2013 en Wayback Machine.)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]