Marcos Maceira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Marcos Maceira Eiras»)
Infotaula de personaMarcos Maceira

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de agosto de 1978 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Santiago de Compostela
Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística
2014 –
← Carlos Callón Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGalega
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Actividade
OcupaciónProfesor
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Facebook: marcos.maceiraeiras Twitter: maceiragz Instagram: maceiraeiras Dialnet: 3777223 Editar o valor em Wikidata

Marcos Maceira Eiras, nado en Santiago de Compostela en 1978, é un historiador, activista lingüístico e exdirixente estudantil galego, que exerce como profesor de xeografía e historia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e xestor cultural. Foi representante dos Comités Abertos de Estudantes no Consello Escolar de Galiza (1996-98) e responsable de Organización dos CAF (1999-2001). Foi un dos coordinadores do Simposio-Homenaxe a Xosé Chao Rego (2004), e do Simposio Internacional Priscilano (2006). Foi secretario (2002-2012) e presidente (2012-2014) da Agrupación Cultural O Galo e vicepresidente da federación de asociacións culturais Galiza Cultura. É membro da permanente da Mesa pola Normalización Lingüística e da xestora de Queremos Galego!. Desde 2007 é o responsable de coordinar a organización do Correlingua.

En abril de 2014 foi elixido cuarto presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Marcos Maceira, novo presidente da Mesa". Praza Pública. 19 de abril de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]