Naceu en Madrid en 1968 nunha familia de artistas (é fillo do pintor Juan Giralt, neto do escritor Gonzalo Torrente Ballester e sobriño do tamén escritor Gonzalo Torrente Malvido). Licenciouse en Filosofía na Universidade Autónoma de Madrid. O seu primeiro libro foi o volume de relatos Entiéndame (Editorial Anagrama, 1995), pero a celebridade non lle chegou até 1999, cando gañou o Premio Herralde de Novela coa súa novela París.[1] En 2011 gañou o Premio Nacional de Narrativa coa súa novela Tiempo de vida, na que narra a relación co seu pai até a morte deste. É un dos finalistas do premio AENA de Narrativa coa novela Los ilusionistas, onde relata como se coñeceron os seus avós maternos en Bueu en 1931 e ao mesmo tempo reflexiona sobre os afectos, a memoria, as ataduras da herdanza e a propia escritura.[2] Con esta novela gañou o Premio da Crítica de narrativa castelá. [3]
Foi escritor residente na Academia Española en Roma, na Universidade de Aberdeen, no Künstlerhaus Schloss Wiepersdorf, na Maison deas Écrivains Etrangers et deas Traducteurs de Saint Nazaire e na Santa Maddalena Foundation. Tamén participou no Artists-in-Residence de Berlín en 2002. É membro da Orde do Finnegans. En 1995 comezou a colaborar co xornal El País, onde foi crítico literario do suplemento Babelia até 2010. As súas obras foron traducidas, entre outras linguas, ao inglés, alemán, francés, italiano e portugués.
Presentación de Los ilusionistas no Centro Social do Mar de Bueu con Libraría Miranda, 2025, acompañado de Francisco Rodríguez PastorizaLos ilusionistas (2025). Anagrama. Un estudo profundo da súa familia materna.[4][5]