Marco común europeo de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensinanza e avaliación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Certificado de éxito no exame MCER para a lingua Esperanto.

O marco común europeo de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensinanza e avaliación (MCER) é un estándar que pretende servir de patrón internacional para medir o nivel de comprensión e expresión oral e escrita nas diferentes linguas. O proxecto foi desenvolvido polo Consello de Europa segundo unha proposta feita nun congreso internacional celebrado en Suíza en novembro de 1991.

Niveis[editar | editar a fonte]

O marco común europeo de referencia establece unha serie de niveis para todas as linguas a partir dos cales se favorece a comparación ou homologación dos distintos títulos emitidos polas entidades certificadas.

Configuración inicial[editar | editar a fonte]

Recompilando información acerca dos distintos niveis propostos por outras entidades e autorías, as persoas encargadas do proxecto observaron que seis é o número máis adecuado de niveis para a aprendizaxe, ensino e avaliación das linguas. En base aos niveis clásicos de básico, intermedio e avanzado, elabórase unha distinción inicial en tres bloques amplos.

  • Bloque A: Básico.
    • Nivel A1: Acceso.
    • Nivel A2: Plataforma.
  • Bloque B: Independente.
    • Nivel B1: Limiar.
    • Nivel B2: Avanzado.
  • Bloque C: Competente.
    • Nivel C1: Dominio operativo eficaz.
    • Nivel C2: Mestría.

Configuración actual[editar | editar a fonte]

O desenvolvemento posterior do marco común europeo de referencia permite a simplificación do esquema anterior ao seguinte, que facilita en gran medida a comprensibilidade ás perdoas usuarias da información, presentando unha táboa de escala global para os seis niveis.

  • Nivel A1: Adquírese cando a persoa é quen de comprender e utilizar expresións cotiás de uso moi frecuente, así como frases sinxelas destinadas a satisfacer necesidades de tipo inmediato; cando pode presentarse a si mesma e a outras, pedir e dar información persoal básica sobre o seu enderezo, as súas pertenzas e as persoas que coñece e cando pode relacionarse de forma elemental sempre que a persoa interlocutora fale a modiño e con claridade e estea disposta a cooperar.
  • Nivel A2: Adquírese ao ser quen de comprender frases e expresións de uso frecuente relacionadas con áreas de experiencia especialmente relevantes (información básica sobre si mesma e a propia familia, compras, lugares de interese, ocupacións etc.); ao ser quen de comunicarse á hora de levar a cabo tarefas simples e cotiás que non requiran máis que intercambios sinxelos e directos de información sobre cuestións coñecidas ou habituais e ao saber describir en termos sinxelos aspectos do seu pasado e do seu contorno, así como cuestións relacionadas coas necesidades inmediatas.
  • Nivel B1: Adquírese ao ser quen de comprender os puntos principais de textos claros e en lingua estándar se tratan sobre cuestións coñecidas, xa sexa en situacións de traballo, de estudo ou de lecer; ao saber desenvolverse na maior parte das situacións que poiden xurdir durante unha viaxe por zonas onde se utiliza a lingua; ao ser quen de producir textos sinxelos e coherentes sobre temas familiares ou nos que ten un interese persoal e cando se poden describir experiencias, acontecementos, desexos e aspiracións, así como xustificar brevemente opinións ou explicar plans.
  • Nivel B2: Adquírese ao ser quen de entender as ideas principais de textos complexos que traten de temas tanto concretos como abstractos, mesmo se son de carácter técnico sempre que estean dentro do seu campo de especialización; cando a persoa se pode relacionar con falantes nativos e nativas cun grao suficiente de fluidez e naturalidade de modo que a comunicación se realice sen esforzo por parte de ningunha das persoas interlocutoras e cando pode producir textos claros e detallados sobre temas diversos, así como defender un punto de vista sobre temas xerais indicando os pros e os contras das distintas opcións.
  • Nivel C1: Adquírese ao ser quen de comprender unha ampla variedade de textos extensos e con certo nivel de esixencia, así como recoñecer neles sentidos implícitos; ao saber expresarse de forma fluída e espontánea sen mostras moi evidentes de esforzo para encontrar a expresión adecuada; ao poder facer un uso flexible e efectivo do idioma para fins sociais, académicos e profesionais e ao ser quen de producir textos claros, ben estruturados e detallados sobre temas de certa complexidade, mostrando un uso correcto dos mecanismos de organización, articulación e cohesión do texto.
  • Nivel C2: Adquírese ao ser quen de comprender con facilidade practicamente todo o que se escoita ou le; ao ser quen de reconstruír a información e os argumentos procedentes de diversas fontes, xa sexan en lingua falada ou escrita, e presentalos de modo coherente e resumido e ao poder expresarse espontaneamente, con gran fluidez e cun grao de precisión que permite diferenciar pequenos matices de significado incluso en situacións de maior complexidade.

Capacidades que cómpre desenvolver[editar | editar a fonte]

O marco común europeo de referencia para as linguas delimita as capacidades que se deben controlar en cada un dos niveis para as categorías comprender, falar e escribir. A categoría comprender integra as destrezas de comprensión oral e comprensión lectora; a categoría falar integra as de interacción oral e expresión oral, e a categoría escribir comprende a destreza expresión escrita.

Niveis Comprender Falar Escribir
Comprensión oral Comprensión lectora Interacción oral Expresión oral Expresión escrita
A1 Recoñezo palabras e expresións moi básicas que se usan habitualmente, relativas a min mesma, á miña familia e ao meu contorno inmediato cando se fala de vagar e con claridade. Comprendo palabras e nomes coñecidos e frases moi sinxelas, como as de letreiros, carteis e catálogos. Podo participar nunha conversación de forma sinxela sempre que a outra persoa estea disposta a repetir o que dixo ou a dicilo con outras palabras e a unha velocidade máis lenta e me axude a formular o que intento dicir. Formulo e contesto preguntas sinxelas sobre temas de necesidade inmediata ou asuntos moi habituais. Utilizo expresións e frases sinxelas para describir o lugar onde vivo e as persoas que coñezo. Son capaz de escribir postais curtas e sinxelas, por exemplo para enviar felicitacións. Sei cubrir formularios con datos persoais, como o meu nome, a miña nacionalidade e o meu enderezo no formulario do rexistro dun hotel.
A2 Comprendo frases e o vocabulario máis habitual sobre temas de interese persoal (información persoal e familiar moi básica, compras, lugar de residencia, emprego). Son capaz de captar a idea principal de avisos e mensaxes breves, claros e sinxelos. Son capaz de ler textos moi breves e sinxelos. Sei atopar información específica e predicible en escritos sinxelos e cotiáns como anuncios publicitarios, prospectos, menús ou horarios, e comprendo cartas persoais breves e sinxelas. Podo comunicarme en tarefas sinxelas e habituais que requiren un intercambio simple e directo de información sobre actividades e asuntos cotiáns. Son capaz de realizar intercambios sociais moi breves, aínda que, polo xeral, non podo comprender o suficiente como para manter a conversación por min mesma. Utilizo unha serie de expresións e frases para describir con termos sinxelos a miña familia e outras persoas, as miñas condicións de vida, a miña orixe educativa e o meu traballo actual ou o último que tiven. Son capaz de escribir notas e mensaxes breves e sinxelas relativas ás miñas necesidades inmediatas. Podo escribir cartas persoais moi sinxelas, por exemplo agradecendo algo a alguén.
B1 Comprendo as ideas principais cando o discurso é claro e normal e se tratan asuntos cotiáns que teñen lugar no traballo, a escola, durante o tempo de lecer etc.

Comprendo a idea principal de moitos programas de radio ou televisión que tratan temas actuais ou asuntos de interese persoal ou profesional, cando a articulación é relativamente lenta e clara.

Comprendo textos redactados nunha lingua de uso habitual e cotián ou relacionada co traballo. Comprendo a descrición de acontecementos, sentimentos e desexos en cartas persoais. Sei desenvolverme en case todas as situacións que se me presentan cando viaxo onde se fala esa lingua. Podo participar de forma espontánea nunha conversa que trate temas cotiáns de interese persoal ou que sexan pertinentes para a vida diaria (por exemplo, familia, afeccións, traballo, viaxes e acontecementos actuais). Sei enlazar frases de forma sinxela co fin de describir experiencias e feitos, os meus soños, esperanzas e ambicións. Podo explicar e xustificar brevemente as miñas opinións e proxectos. Sei narrar unha historia ou relato, a trama dun libro ou película e podo describir as miñas reaccións. Son capaz de escribir textos sinxelos e ben enlazados sobre temas que me son coñecidos ou de interese persoal. Podo escribir cartas persoais que describen experiencias e impresións.
B2 Comprendo discursos e conferencias extensas e incluso sigo liñas argumentais complexas sempre que o tema sexa relativamente coñecido. Comprendo case todas as noticias da televisión e os programas sobre temas actuais. Comprendo a maioría das películas nas que se fala nun nivel de lingua estándar. Son capaz de ler artigos e informes relativos a problemas contemporáneos nos que os autores e autoras adoptan posturas ou puntos de vista concretos. Comprendo a prosa literaria contemporánea. Podo participar nunha conversa con certa fluidez e espontaneidade, o que posibilita a comunicación normal con persoas falantes nativas. Podo tomar parte activa en debates desenvolvidos en situacións cotiás explicando e defendendo os meus puntos de vista. Presento descricións claras e detalladas dunha ampla serie de temas relacionados coa miña especialidade. Sei explicar un punto de vista sobre un tema expoñendo as vantaxes e os inconvenientes de varias opcións. Son capaz de escribir textos claros e detallados sobre unha ampla serie de temas relacionados cos meus intereses. Podo escribir redaccións ou informes transmitindo información ou propoñendo motivos que apoien ou refuten un punto de vista concreto. Sei escribir cartas que destacan a importancia que dou a determinados feitos e experiencias.
C1 Comprendo discursos extensos incluso cando non están estruturados con claridade e cando as relacións están só implícitas e non se sinalan explicitamente. Comprendo sen moito esforzo os programas de televisión e as películas. Comprendo textos longos e complexos de carácter literario ou baseados en feitos, apreciando distincións de estilo.

Comprendo artigos especializados e instrucións técnicas largas, aínda que non se relacionen coa miña especialidade.

Exprésome con fluidez e espontaneidade sen ter que buscar de forma moi evidente as expresións adecuadas. Utilizo a linguaxe con flexibilidade e eficacia para fins sociais e profesionais. Formulo ideas e opinións con precisión e relaciono as miñas intervencións habilmente coas doutras persoas falantes. Presento descricións claras e detalladas sobre temas complexos que inclúen outros temas, desenvolvendo ideas concretas e terminando cunha conclusión apropiada. Son capaz de expresarme en textos claros e ben estruturados expoñendo puntos de vista con certa extensión. Podo escribir sobre temas complexos en cartas, redaccións ou informes resaltando o que considero que son aspectos importantes. Selecciono o estilo apropiado para as persoas lectoras a que van dirixidos os meus escritos.
C2 Non teño dificultade ningunha para comprender calquera tipo de lingua falada, tanto en conversas en vivo como en discursos retransmitidos, aínda que se produzan a unha velocidade de falante nativa, sempre que teña tempo para familiarizarme co acento. Son capaz de ler con facilidade practicamente todas as formas de lingua escrita, incluíndo textos abstractos estrutural ou lingüisticamente complexos como, por exemplo, manuais, artigos especializados ou obras literarias. Tomo parte sen esforzo en calquera conversa ou debate e coñezo ben modismos, frases feitas e expresións coloquiais. Exprésome con fluidez e transmito matices sutís de sentido con precisión. Se teño un problema, sorteo a dificultade con tanta discreción que as demais persoas apenas se decatan. Presento descricións ou argumentos de forma clara e fluída e cun estilo adecuado ao contexto e cunha estrutura lóxica e eficaz que axuda á persoa oínte a fixarse nas ideas importantes e a recordalas. Son capaz de escribir textos claros e fluídos nun estilo apropiado. Podo escribir cartas, informes ou artigos complexos que presentan argumentos cunha estrutura lóxica e eficaz que axuda á persoa oínte a fixarse nas ideas importantes e a recordalas. Escribo resumos e comentarios de obras profesionais o literarias.
Niveis Comprensión oral Comprensión lectora Interacción oral Expresión oral Expresión escrita
Comprender Falar Escribir

Cadro de equivalencias[editar | editar a fonte]

Lingua A1 A2 B1 B2 C1 C2
Alemán Start Deutsch 1 Start Deutsch 2 Zertifikat Deutsch (ZD) Test DaF o Zertifikat Deutsch für den Beruf ZDfB Zentrale Mittelstufen Prüfung (ZMP) o Test DaF Zentrale Oberstufen Prüfung (ZOP); Kleines Deutsches Sprachdiplom (KDS)
Catalán Certificat de nivell bàsic de català Certificat de nivell elemental de català Certificat de nivell intermedi de català Certificat de nivell suficiència de català Certificat de nivell superior de català
Chinés HSK I HSK II HSK III HSK IV HSK V HSK VI
Danés Prøve i Dansk 1 Prøve i Dansk 2 Prøve i Dansk 3 Studieprøven
Castelán Diploma de Castellano (Nivel A1) Diploma de Castellano (Nivel A2) Diploma de Castellano (Nivel B1. Inicial) Diploma de Castellano (Nivel B2. Intermedio); CELU (Intermedio) Diploma de Castellano (Nivel C1); CELU (Avanzado) Diploma de Castellano (Nivel C2. Superior)
Éuscaro Básico PL 1 - IVAP e Osakidetza

Lehenengo maila/Nivel 1 - HABE
Intermedio

PL 2 - IVAP e Osakidetza

PL 1 - Ertzaintza
Bigarren maila - HABE/Nivel 2
Avanzado

Euskararen Gaitasun Agiria (EGA)

PL 3 - IVAP e Osakidetza
PL 2 - Ertzaintza
Hirugarren maila/Nivel 3 - HABE
Certificado "D"
Aptitude

Laugarren maila/Nivel 4 - HABE

Finés Suomen kieli perustaso 1 Suomen kieli perustaso 2-3; keskitaso 3 Suomen kieli; keskitaso 4-5; ylintaso 5 Suomen kieli; ylintaso 6 Suomen kieli; ylintaso 7-8
Francés Diplôme d'Etudes en Langue Française (DELF A1) Diplôme d'Etudes en Langue Française (DELF A2) Diplôme d'Etudes en Langue Française (DELF B1) Diplôme d'Etudes en Langue Française (DELF B2) Diplôme Approfondi de Langue Française (DALF C1) Diplôme Approfondi de Langue Française (DALF C2)
Galego Certificado de estudos de lingua galega (Celga) 1 Celga 2 Celga 3 Celga 4 Celga 5
Grego Pistopiitikó Elinomátias I (Πιστοποιητικό Ελληνομάθειας Α')[1] Pistopiitikó Elinomátias II (Πιστοποιητικό Ελληνομάθειας Β') Pistopiitikó Elinomátias III (Πιστοποιητικό Ελληνομάθειας Γ') Pistopiitikó Elinomátias IV (Πιστοποιητικό Ελληνομάθειας Δ')
Inglés ESOL 1-2; Trinity Grades 1,2; Ascentis Anglia ESOL Preliminary Level; TOEIC 120; 11-21 Leveltest; Key English Test (KET);[2] Young Learners; BULATS 1; ESOL 3-4; Trinity Grades 3,4; Ascentis Anglia ESOL Elementary Level; TOEIC 225; 22-54 Leveltest; Preliminary English Test (PET); BEC 1; BULATS 2; ESOL 5-6; Trinity Grades 5,6; Ascentis Anglia ESOL Intermediate Level; TOEIC 550; 55-78 Leveltest; First Certificate in English (FCE); BEC 2; BULATS 3; ESOL 7-9; Trinity Grades 7,8,9; Ascentis Anglia ESOL Advanced Level; TOEIC 785; 79-95 Leveltest; Certificate in Advanced English (CAE); BEC 3; BULATS 3; ESOL 10-11; Trinity Grades 10,11; Ascentis Anglia Proficiency Level; TOEIC 785; 96-100 Leveltest; Certificate of Proficiency in English (CPE); BULATS 5; ESOL 12; Trinity Grades 12; Ascentis Anglia Masters Level
Italiano Diploma Elementare di Lingua Italiana (DELI) Certificato di Conoscenza della Lingua Italiana Livello 1 (CELI 1) Diploma Intermedio di Lingua Italiana (DILI); Certificato di Conoscenza della Lingua Italiana Livello 2 (CELI 2) Diploma Avanzado di Lingua Italiana (DALI); Certificato di Conoscenza della Lingua Italiana Livello 3 (CELI 3) Diploma Commerciale di Lingua Italiana (DALC); Certificato di Conoscenza della Lingua Italiana Livello 4 (CELI 4) Certificato di Conoscenza della Lingua Italiana Livello 5 (CELI 5)
Luxemburgués Zertifikat Lëtzebuergesch als Friemsprooch (ZLaF) Éischten Diplom Lëtzebuergesch als Friemsprooch (1DLaF) Zweten Diplom Lëtzebuergesch als Friemsprooch (2DLaF) Ieweschten Diplom Lëtzebuergesch
Neerlandés Profiel Toeristische en Informele Taalvaardigheid (PTIT) Profiel Maatschappelijke Taalvaardigheid (PMT) Staatsexamen Nederlands als Tweede Taal Examen I (NT2-I); Profiel Professionele Taalvaardigheid (PPT) Staatsexamen Nederlands als Tweede Taal Examen II (NT2-II); Profiel Academische Taalvaardigheid]] (PAT)
Noruegués Språkprøven i norsk for voksne innvandrere Test i norsk for fremmed- språklige Høyere nivå
Polaco Egzaminy z języka polskiego jako obcego (Poziom B1) Egzaminy z języka polskiego jako obcego (Poziom B2) Egzaminy z języka polskiego jako obcego (Poziom C2)
Portugués Certificado Acesso ao Português (ACESSO) Certificado Inicial de Português Língua Estrangeira (CIPLE) Diploma Elementar de Português Língua Estrangeira (DEPLE) Diploma Intermédio de Português Língua Estrangeira (DIPLE) Diploma Avançado de Português Língua Estrangeira (DAPLE) Diploma Universitário de Português Língua Estrangeira (DUPLE)
Ruso TORFL/ТРКИ B Basico/Bazoviy TORFL/ТРКИ I Primeiro/Perviy TORFL/ТРКИ II Segundo/Vtoroy TORFL/ТРКИ III Terceiro/Tretii TORFL/ТРКИ IV Cuarto/Chetvertiy
Sueco Sfi-provet Test in Swedish for University Studies (TISUS)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]