Marchas da Dignidade
Marchas da Dignidade | |
---|---|
Parte de: Protestas de maio de 2011 en España ![]() | |
![]() | |
Instancia de | manifestación ![]() |
Data | |
Data | 22 de marzo de 2014 ![]() |
Localización | |
País | España ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
As Marchas da Dignidade, mellor coñecidas pola sigla 22-M, é o nome que reciben as protestas en forma de columnas procedentes de distintas partes de España, auspiciadas polo Movemento 15-M, que desembocaron en Madrid o 22 de marzo de 2014 en protesta das medidas gobernamentais durante a crise económica de 2008 a 2014.
Historia
[editar | editar a fonte]Orixes
[editar | editar a fonte]As orixes da protesta encádranse no ciclo de protestas do 2011 ao 2015 iniciadas polo Movemento 15-M en España como consecuencia da severa crise económica e da Gran Recesión mundial. A principios de 2014 diversos colectivos xurdidos arredor do Movemento 15-M convocaron unhas ‘Marchas’ ou columnas de persoas que sairían andando desde distintas partes de España para confluír en Madrid.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]O 22 de marzo de 2014 estas marchas de decenas de miles de persoas entraron en Madrid desde diversos puntos da cidade, concentrándose en Atocha e estendéndose até a praza de Colón.[1] Os medios de comunicación estimaron unha cifra de 1.500.000 manifestantes, o que a situaría entre as manifestacións máis masivas da historia da partitocracia española. A cifra variou entre os 2 millóns estimados pola organización[2] e os 36.000-50.000 estimados pola Delegación do Goberno. O destacado desfasamento de cifras acaparou titulares en medios chamando á análise das imaxes aéreas.[3]
Cargas policiais
[editar | editar a fonte]Ao concluír a manifestación producíronse cargas policiais e incidentes. Os servizos médicos recibiron petición de asistencia de 67 policías nacionais e municipais e 34 manifestantes. Inicialmente producíronse tamén 24 detencións, dos que tres eran menores de idade.
Consecuencias
[editar | editar a fonte]Diversos medios de comunicación ou políticos sorprendéronse do seu éxito de convocatoria (Julio Anguita estimara unha asistencia inicial de 100.000 persoas). Destacaron a falta de cobertura ou apoio da prensa ou partidos tradicionais, así como o traballo en equipo de persoas individuais organizadas e a unión de moi distintos movementos sociais (xornaleiros, sanitarios, xubilados, movemento anti-desafiuzamentos).[4] As chamadas Marchas da Dignidade foron a última gran mobilización masiva do proceso de mobilizacións iniciado en 2011 e a maior de todas por participantes. Foi tamén a primeira manifestación en incluír unha violencia activa por parte dos manifestantes de todo o ciclo de protestas iniciadas en 2011.[5] De forma paralela ao proceso das Marchas da Dignidade, o 11 de marzo de 2014 fundouse o partido político Podemos.
Ver tamén
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Decenas de miles de personas confluyen en Madrid en la llamada 'Marcha por la Dignidad'". RTVE (en castelán). 22 de marzo de 2014. Consultado o 19 de maio de 2025.
- ↑ "#22M - Dos millones de personas en una demostración de Dignidad". Marchas de la dignidad (en castelán). 23 de marzo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2021. Consultado o 19 de maio de 2025.
- ↑ Carretero, Rodrigo (23 de marzo de 2014). "Manifestación Madrid: 36.000 o 2,5 millones (FOTOS AÉREAS)". Huffington Post (en castelán). Consultado o 19 de maio de 2025.
- ↑ Reina, Carmen (26 de marzo de 2014). "¿Cuáles son las causas del éxito de convocatoria del 22M?". elDiario.es (en castelán). Consultado o 19 de maio de 2025.
- ↑ Guzmán, Cecilia (30 de marzo de 2014). "Pablo Iglesias: "Los disturbios siempre se producen a tiempo para salir en el telediario”". El Plural (en castelán). Consultado o 19 de maio de 2025.