Saltar ao contido

Marcel Breuer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarcel Breuer

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(hu) Breuer Marcell Lajos Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(hu) Breuer Marcel Lajos Editar o valor en Wikidata
21 de maio de 1902 Editar o valor en Wikidata
Pécs, Hungría Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xullo de 1981 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónBauhaus (1920–1924) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArquitectura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Wiesbaden
Nova York
París
Zürich
Weimar Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónarquitecto, profesor universitario, deseñador de mobles, deseñador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: 1923 Editar o valor en Wikidata)
EmpregadorUniversidade Harvard Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoArquitectura brutalista Editar o valor en Wikidata
AlumnosAnne Griswold Tyng (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalHamilton P. Smith (pt) Traducir (década de 1960–década de 1970) Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeMarta Breuer (1926–década de 1930), divorcio Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Who's Who in the Twentieth Century (en) Traducir
A Dictionary of Modern Design (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1212195

Marcel Lajos Breuer, máis coñecido como Marcel Breuer, nado en 21 de maio de 1902 en Pécs, Hungría e finado o 1 de xullo de 1981 en Nova York, Estados Unidos, foi un arquitecto e deseñador estadounidense de orixe húngaro.

Formou parte da primeira xeración de estudantes que se formaron na Bauhaus, unha escola vangardista de arquitectura e deseño que conxugaba a teoría e a práctica nun estilo didáctico que primaba os obradoiros de base artesanal. O seu traballo destacou especialmente no deseño de mobiliario, con moitas pezas e obxectos da súa autoría aínda producidos e comercializados hoxe en día. O seu traballo revolucionou o mercado do moble.

Cadeira Wassily

Licenciouse en Weimar (primeira sede da Bauhaus) en 1924 e pasou a ensinar na escola até 1928 (cando xa estaba instalada en Dessau).

Como profesor na Bauhaus, realizou unha serie de experimentos no deseño de mobles. Foi alí onde deseñou e executou os primeiros prototipos da cadeira Wassily, cuxo nome se di que é unha homenaxe ao seu colega Wassily Kandinsky, tamén profesor, pero tamén que foi chamada así décadas despois polo fabricante italiano Gavina.[1]

Wassily é hoxe unha das cadeiras de autor máis famosas do mundo.

Co auxe do nazismo, Breuer mudouse a Londres e uniuse á oficina FRS Yorke do grupo MARS.

Marcel Breuer emigrou aos Estados Unidos en 1937, onde traballou até o final da súa vida, sendo considerado por algúns críticos como un dos "últimos verdadeiros arquitectos funcionalistas".

Nos Estados Unidos, traballou co seu antigo profesor Mies van der Rohe, proxectando rañaceos. A obra de Breuer pódese inserir completamente no que moitas veces se chama o estilo internacional. Foi nomeado director da facultade de arquitectura da Universidade Harvard (sendo o responsable de formar toda unha xeración de arquitectos americanos, á que pertencía, por exemplo, Philip Johnson).

Faleceu en Nova York en 1981.

Principais proxectos

[editar | editar a fonte]
Whitney Museum of American Art, Nova York, Estados Unidos
Sede da UNESCO en París

Proxectou numerosos edificios residenciais nos EUA, entre eles:

Os seus principais proxectos foron:

  1. "1925- Cadeira Wassilly de Marcel Breuer". Dismobel Design (en castelán). Consultado o 24-6-2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • BENEVOLO, Leonardo; Historia da Arquitectura Moderna ; São Paulo, Editorial Perspectiva
  • PAPACHRISTOV, Tician; Marcel breuer : novas construcións e proxectos ; Barcelona : Gili, 1970