Marc Bompaire
Biografía | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 30 de setembro de 1957 Rennes, Ille e Vilaine, Francia. | ||||||||||||||
Cargos | |||||||||||||||
Presidente da Sociedade Francesa de Numismática | |||||||||||||||
Período | 2003 – 2006 | ||||||||||||||
Antecesor | H. Zehnacker | ||||||||||||||
Sucesor | G. Gautier | ||||||||||||||
Director de Investigación do CNRS | |||||||||||||||
Antecesor | - | ||||||||||||||
Sucesor | - | ||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||
País de nacionalidade | ![]() | ||||||||||||||
Educación | École nationale des chartes. | ||||||||||||||
Tese académica | L'atelier monétaire royal de Montpellier et la circulation monétaire en bas Languedoc jusqu'au milieu du XVe siècle (1980). | ||||||||||||||
Director de tese | Philippe Contamine. | ||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||
Campo de traballo | Historiografía, numismática, arquivística. | ||||||||||||||
Ocupación | historiador, numismático, arquiveiro ![]() | ||||||||||||||
Empregador | École nationale des chartes. Centre national de la recherche scientifique (CNRS). École pratique des hautes études. | ||||||||||||||
Membro de | |||||||||||||||
Obra | |||||||||||||||
Doutorando | Flavia Marani ![]() | ||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||
Pais | Jacques Bompaire. ![]() ![]() | ||||||||||||||
Irmáns | Sylvie Franchet d'Espèrey Frédéric Bompaire Jenny Grand d'Esnon Claire Bompaire-Évesque Évelyne Micheli ![]() | ||||||||||||||
![]() ![]() | |||||||||||||||
Lista
|
Marc Bompaire, nado en Rennes o 30 de setembro de 1957, é un historiador e numismático francés, que presidiu a Sociedade Francesa de Numismática.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Marc Bompaire naceu en Rennes en 1957,[1] fillo do helenista e profesor universitario Jacques Bompaire. En 1976 comezou os seus estudos na École nationale des chartes,[1] onde se graduou como arquivista paleógrafo en 1980 cunha tese titulada L'atelier monétaire royal de Montpellier et la circulation monétaire en bas Languedoc jusqu'au milieu du XVe siècle ("O obradoiro monetario de Montpellier e a circulación da moeda no baixo Languedoc ata mediados do século XV"), dirixida por Philippe Contamine.[2][3]
Logo da súa graduación, Bompaire continuou as súas investigacións numismáticas no Centre national de la recherche scientifique (CNRS). Nesta institución acadou o posto de director de investigación no centro Ernest Babelon. Igualmente, é director de estudos da cátedra de Numismática e Economía Monetaria do Occidente Medieval e Moderno da École pratique des hautes études,[4] e encargado dos cursos de Numismática na École des chartes.[5]
Bompaire é tamén un dos directores da revista Revue numismatique a partir de 2005 e presidiu a Sociedade Francesa de Numismática entre 2003 e 2006.[6][7]
Escolma de publicacións
[editar | editar a fonte]Bompaire é autor de numerosos artigos sobre historia e numismática en revistas especializadas. Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables de Marc Bompaire ao longo da súa traxectoria:[8][9]
- (1993). L'économie médiévale (con P. Contamine et al.). Armand Colin, París. ISBN 978-2200015466
- (2000). Numismatique médiévale. Monnaies et documents d'origine française (con F. Dumas). Brepols, Turnhout. ISBN 9782503509518
- (2017). Medieval European Coinage. Vol. 5: Medieval France. T. 1: The Age of the Denier. Cambridge University Press. ISBN 978-0521260138
- (2004). Le travail des métaux dans les villes à la fin du Moyen Âge (con N. Thomas et al.). Sorbonne. ISBN 979-1035109561
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Bibliothèque de l'École des chartes. 1976. Vol. 134. N°2. Páxina 469.
- ↑ "L’atelier monétaire royal de Montpellier et la circulation monétaire en bas Languedoc jusqu’au milieu du XVe siècle". École nationale des chartes.
- ↑ "La circulation monétaire en Languedoc : Xe-XIIIe siècle". Theses.fr
- ↑ "Marc Bompaire". École Pratique des Hautes Études.
- ↑ "Bompaire, Marc". Les rendez-vous de l'histoire (rdv-histoire.com).
- ↑ "Les présidents de la SFN". Société française de numismatique.
- ↑ "Les présidents de la SFN depuis 1965". En Bulletin de la Société Française de Numismatique. Decembro de 2014. Nº 10. Páxinas 313-314.
- ↑ "Bompaire, Marc". Persee.fr
- ↑ "Marc Bompaire". Academia.edu
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cabanel, P. (2015). "Marc Bompaire". En Cabanel, P.; Encrevé, A. (dir.). Dictionnaire biographique des protestants français de 1787 à nos jours., T. 1. Éditions de Paris Max Chaleil, Paríis. Páxina 361. ISBN 978-2846211901