Marc Augé
Marc Augé, nado en Poitiers o 2 de setembro de 1935 e finado en París o 24 de xullo de 2023, foi un antropólogo francés especializado en etnoloxía.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como docente, impartiu clases de antropoloxía e etnoloxía na Escola de Estudos Superiores en Ciencias Sociais de París (EHESS polas súas siglas en francés), da que foi director entre 1985 e 1995. Tamén foi responsable e director de diferentes investigacións no Centro Nacional para a Investigación Científica (CNRS das súas siglas en francés).
O "non lugar"
[editar | editar a fonte]Marc Augé acuñou o concepto "non-lugar" para referirse aos lugares de transitoriedade que non teñen suficiente importancia para ser considerados como "lugares".[2][3] Son lugares antropolóxicos os históricos ou os vitais, así como aqueloutros espazos nos que nos relacionamos. Un non-lugar é unha autoestrada, unha habitación de hotel, un aeroporto ou un supermercado... un concepto que se levou a outros campos de coñecemento.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Marc Augé". CCCB (en castelán). Consultado o 2025-06-24.
- ↑ Reeves, Gareth (2018). Marc Augé and Non-place (en inglés). Palgrave Macmillan, Cham. pp. 1–3. ISBN 978-3-319-62592-8. doi:10.1007/978-3-319-62592-8_67-1.
- ↑ Augé, Marc (1995). Non-places : introduction to an anthropology of supermodernity. London ; New York : Verso. ISBN 978-1-85984-956-9, 978-1-85984-051-1
|isbn=incorrecto: invalid character (Axuda). - ↑ Cernadas, Eva; Aguayo, Eva; Fernández-Delgado, Manuel; Calvo-Iglesias, Encina (2025-06-17). "STEM, a Non-Place for Women? Evidences and Transformative Initiatives". Social Sciences (en inglés) 14 (6): 384. ISSN 2076-0760. doi:10.3390/socsci14060384.