Marc Aguado
Aparencia
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 22 de febreiro de 2000 Zaragoza, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,78 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Marc Aguado Pallarés, nado en Zaragoza o 22 de febreiro de 2000, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Real Zaragoza, da Segunda División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como futbolista na canteira do Real Zaragoza da súa cidade natal, e o 26 de agosto de 2018 debutou co filial, o Deportivo Aragón, na Terceira División.
O 11 de agosto de 2020, despois de ser un titular habitual do segundo equipo, foi cedido ao FC Andorra, da Segunda División B, no que militou a préstamo durante tres anos, conseguindo no segundo deles o ascenso á Segunda División.[1]
Debutou na categoría de prata o 15 de agosto de 2022, nunha vitoria por 0-1 sobre o Real Oviedo no Carlos Tartiere.[2] No verán de 2023 regresou ao Zaragoza.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Oficial: Marc Aguado renueva y se marcha cedido al Andorra" (en castelán). 1 de xullo de 2022. Consultado o 11 de decembro de 2024.
- ↑ "El Andorra debuta a lo grande" (en castelán). 15 de agosto de 2022. Consultado o 11 de decembro de 2024.