Mara Dierssen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMara Dierssen

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Mara Dierssen Sotos Editar o valor em Wikidata
21 de agosto de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Santander, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Cantabria Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora universitaria , bióloga Editar o valor em Wikidata
EmpregadorCentre for Genomic Regulation (en) Traducir (2001–)
Universidade Autónoma de Barcelona
Universidade Ramon Llull Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: maradierssen Dialnet: 1842361 Editar o valor em Wikidata


Mara Dierssen Sotos, nada en Santander o 21 de agosto de 1961, é unha neurobióloga, investigadora, profesora universitaria e divulgadora científica española.[1] É unha das investigadoras máis destacadas a nivel mundial en síndrome de Down.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É filla do doutor Guillermo Dierssen Gervás, neurocirurxián de orixe alemá.[3] Licenciouse en medicina na Universidade de Cantabria en 1985 e obtivo o seu doutoramento en neurobioloxía en 1989 cunha tese sobre neurofarmacoloxía.[4]

De 1990 a 1993 realizou a súa investigación posdoutoral na Universidade Autónoma de Barcelona.[5] Inicialmente elixira investigar a alteración cognitiva asociada á idade pero acabou dedicándose ao estudo da síndrome de Down do que é considerada unha experta no ámbito internacional.[2] O seu interese comezou cando traballaba na Universidade de Cantabria, no laboratorio do profesor Jesús Flórez, pai dunha muller con síndrome de Down, e quen lle contaxiou a paixón pola investigación segundo explicou ao recibir o premio Jaime Blanco da Fundación Síndrome de Down de Madrid.[6]

Entre os seus achados máis relevantes atópase o descubrimento das alteracións da plasticidade en modelos animais de síndrome de Down, e o primeiro tratamento procognitivo nesta síndrome, que conseguiu levar desde os seus traballos en modelos experimentais até un ensaio clínico.

De 1993 a 1997 foi profesora asistente na Universidade de Cantabria e posteriormente ingresou como investigadora sénior no Instituto de Investigación Oncolóxica de Hospitalet de Llobregat onde iniciou o seu propio grupo de investigación neurobiolóxico .

a impartiu clases na Universitat Ramon Llull. Tamén traballou no Centro de Regulación Xenómica. En 2007 incorporouse ao Centro de Investigación Biomédica en Red de Enfermidades Raras (CIBERER) onde continúa traballando.

En 2010 gañou o premio de investigación Jaime Blanco da Fundación Síndrome de Down de Madrid (FSDM) polo seu traballo Bases moleculares de la neuropatología del síndrome de Down: Implicación de DYRK1A.[6]

En 2014 liderou a realización dun videoxogo para a estimulación cognitiva das persoas con discapacidade intelectual.[7]

En abril de 2016 como xefa do grupo de Neurobioloxía Celular e de Sistemas presentou un traballo publicado na revista Journal of Neuroscience, no que é co-investigadora principal xunto á doutora Mavi Sánchez Vives. Nesta publicación explica como un xene vinculado coa síndrome de Down asóciase a cambios nos ritmos cerebrais na cortiza cerebral, a rexión responsable da capacidade de razoamento, da linguaxe e do comportamento social.[8]

En xuño de 2016 publicou un estudo na revista médica The Lancet Neurology no que colaborou co farmacólogo Rafael de la Torre, sobre un composto presente no té verde, que acompañado dun protocolo de estimulación cognitiva pode mellorar moderadamente a capacidade intelectual do afectado. O estudo baséase nun ensaio clínico no que participaron 84 persoas con síndrome de Down, de entre 16 e 34 anos. A neurobióloga sinalou que o ensaio clínico "non é, nin moito menos, unha cura, pero abre novas vías á terapia farmacolóxica en síndrome de Down”.[9]

Organizacións nacionais internacionais[editar | editar a fonte]

De 2003 a 2006 foi presidenta da International Behavioral and Neural Genetics Society e de 2007 a 2009 foi Vicepresidenta, e de 2013 a 2015 foi Presidenta da Sociedade Española de Neurociencia.[10]

Foi membro do Consello da FENS (Federation of Neuroscience Association Societies). Desde 2016 é presidenta da Trisomy 21 Research Society.[11]

Pertence a numerosos comités editoriais, de revistas internacionais como Genes, Brain and Behaviour, Frontiers in Neurosciences, Amino Acids, Down Syndrome Research and Practice entre outros e é revisora “ad hoc” de varias revistas científicas internacionais.

En 2015 e 2016 participou como xurado no Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica.[12]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Durante anos actuou en concertos de música barroca como soprano coa coral de Santander. É vocalista do grupo de ‘pop-rock’ From Lost To The River, un grupo que ten como obxectivo a concienciación social xa que todos os seus concertos teñen un ánimo benéfico para favorecer proxectos de investigación.[13] Tamén é impulsora do proxecto musical Realidades Paralelas, que deu lugar a un disco no que se dá voz ás persoas con síndrome de Down.[14]

Tamén desenvolve un amplo labor no campo da divulgación científica.[15]

Premios[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa traxectoria recibiu numerosos premios e recoñecementos, entre eles:

  • 2008 II Premio Laura Iglesias de divulgación científica.[16]
  • 2008 Premio Nacional de Pensamiento y Cultura Científica outorgado pola Generalitat de Cataluña polo seu "compromiso social e a capacidade de emprender e liderar iniciativas culturais a favor das persoas afectadas pola síndrome de Down".[17]
  • 2014 recibiu o David and Hillie Mahoney Award[18]

En 2021 é elixida como unha das dez científicas máis relevantes de España pola Fundación Aquae.[19]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mara Dierssen, neurobióloga". Mujeres con ciencia (en castelán). 2016-08-21. Consultado o 2020-03-25. 
  2. 2,0 2,1 "Entrevista a Mara Dierssen". Consultado o 8 de abril de 2016. 
  3. "“La ciencia todavía no puede explicar la mente”" (en castelán). 8 de abril de 2016. Consultado o 8 de abril de 2016. 
  4. "Alumni Mara Dierssen Sotos". Consultado o 8 de abril de 2016. 
  5. "Cellular & Systems Neurobiology | crg" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2016. 
  6. 6,0 6,1 "Mara Dierssen, premio en investigación de síndrome de Down 'Jaime Blanco': "Estamos cerca de encontrar nuevos caminos"" (en castelán). Consultado o 8 de abril de 2016. 
  7. "Proyectos de investigación de las Unidades 703, 716 y 738 recaudan fondos en la plataforma Precipita". Consultado o 8 de abril de 2016. 
  8. "El ritmo de las sondas de la corteza cerebral, clave para el síndrome de Down - ABC.es - Noticias Agencias". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2016. Consultado o 8 de abril de 2016. 
  9. Ansede, Manuel (7 de xuño de 2016). "Un tratamiento es eficaz por primera vez para el síndrome de Down" (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2016. 
  10. "Anterior Junta Directiva (2013-2015) | Senc". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2016. Consultado o 8 de abril de 2016. 
  11. "Mara Dierssen Presidenta de la Sociedad Internacional T21 Research Society - El Síndrome de Down". www.down21.org. Consultado o 2020-04-10. 
  12. "Mara Dierssen: "Hay que volver a memorizar, leer y calcular para que el cerebro crezca"". La Nueva España. Consultado o 8 de abril de 2016. 
  13. "Sidecar: From Lost To The River + Quorum" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2016. Consultado o 8 de abril de 2016. 
  14. "«Los investigadores no deberíamos vivir de espaldas a la realidad»" (en castelán). Diario Montañés. Consultado o 8 de abril de 2016. 
  15. "Descubrir la ciencia". Consultado o 8 de abril de 2016. 
  16. "Mara Dierssen recibe el II Premio Laura Iglesias de Divulgación Científica . nortecastilla.es". Consultado o 8 de abril de 2016. 
  17. ""La neurobióloga santanderina Mara Dierssen Premio Nacional de Cultura Científica de la Generalitat catalana"". www.crg.eu. Consultado o 2020-04-11. 
  18. "David and Hillie Mahoney Award para Mara Dierssen | Senc". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2016. Consultado o 8 de abril de 2016. 
  19. Carro, Ana (2022-01-11). "“Tenemos que retener el talento que se forma y captar el talento que ha emigrado”". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-01-15. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]