Mar da Liguria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Mar de Liguria")
Mar de Liguria
Mar de Liguria.

Mar de Liguria.
Localización administrativa
País Italia Italia
Flag of France.svg Francia
Mónaco Mónaco
División Rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul e Córsega (FRA)
Liguria e Toscana (ITA)
Subdivisión Departamentos dos Alpes Marítimos e Alta Córsega (FRA)
Provincias de Xénova, Imperia, La Spezia, Savona, Massa-Carrara, Lucca, Pisa, Livorno (ITA)
Localización xeográfica
Mar (océano) Mar Mediterráneo
Continente Europa
Illa(s) Córsega
Xeografia
Mares contiguos Mar Tirreno e mar de Sardeña
Illas interiores Elba, Capraia e Gorgona, Palmaria, Tino e Tinetto
Afluentes Arno (241 km), Magra (70 km), Versilia e Serchio (111 km)
Accidentes
 • Golfos e baías Golfo de Xénova, golfo de Tigullio e golfo de Baratti
 • Outros Costas Apuana, Pisana, a Spezzina, riviera Ligure delle Palme e dos Etruscos
Outros datos
Áreas protexidas Santuario de mamíferos mariños (ZEPIM)
Cinque Terre (Patrimonio da Humanidade)
Mapa
Localización do mar de Liguria.

Localización do mar de Liguria.
Delimitacións do mar de Liguria: en vermello, a da IHO; en azul, seguindo a xeografía italiana.
Delimitacións do mar de Liguria: en vermello, a da IHO; en azul, seguindo a xeografía italiana.

O mar de Liguria (en italiano Mar Ligure e en francés Mer Ligure) é unha parte do mar Mediterráneo centro-setentrional, que baña costas de Italia, Francia e Mónaco. Limita no occidente cunha liña imaxinaria que parte do cabo Ferrat, en Francia, até Punta di Revellata, preto de Calvi na Córsega setentrional, mentres o límite oriental localízase entre cabo Corso, en Córsega, e o promontorio de Piombino, na provincia de Livorno (na Italia peninsular).

O mar de Liguria baña as costas da Liguria e de parte da Toscana, parte do departamento francés dos Alpes Marítimos e tamén o Principado de Mónaco, así como as illas de Capraia e Gorgona e parte da costa setentrional de Córsega. Todo o Golfo de Xénova forma parte do mar de Liguria.

O mar recibe polo leste as augas do río Arno e de moitos outros de orixe apenina, como o río Serchio e o río Magra. A costa noroccidental da Península Itálica, bañada polo mar de Liguria, é recoñecida pola súa beleza paisaxística e a bondade do seu clima. Ao longo da súa costa, encóntranse importantes centros portuarios, entre os que cabe destacar o máis importante de todos: o porto de Xénova. Outros portos relevantes son os de Savona, La Spezia, Carrara, Viareggio e Livorno.

O mar de Liguria acada unha profundidade máxima de máis de 2.850 m ao noroeste de Córsega.

Vexase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar da Liguria Modificar a ligazón no Wikidata