Mar García Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaMar García Rodríguez
Biografía
Nacemento(es) María del Mar García Rodríguez Editar o valor em Wikidata
1967 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
Madriñán, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

María do Mar García Rodríguez, nada en Madriñán (Lalín) en 1967, é unha escultora e pintora galega. Actualmente imparte clases de plástica no IES Laxeiro de Lalín.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mar García é licenciada en Belas Artes na especialidade de escultura pola facultade de BB.AA. da Universidade de Salamanca. Durante os anos que estivo estudando (1987-1991), a artista conseguiu varias bolsas: unha Bolsa de Pintores Pensionados en Segovia no 1988, e unha Bolsa de Colaboración en Escultura durante o curso 1990-91 na facultade de Salamanca. Os primeiros premios da súa carreira como escultora recibiunos entre os anos 1987 e 1988 na Escuela de Nobles y Bellas Artes de Sam Eloy en Pintura I e Pintura II, pertencente á Caja de Ahorros y M.P. de Salamanca. En 1997 participou nunha exposición colectiva celebrada na Galería Sargadelos de Ourense. Nese mesmo ano amosou as súas obras na reunión que baixo o título Nós Outras se celebrou na librería María Balteira de Santiago de Compostela. Este ano foi o máis completo da súa actividade, participando tamén en dúas exposicións colectivas celebradas en Lalín. A súa primeira individual foi no Concello de Silleda, en 1998; nese mesmo ano presentou, con ocasión da celebración da feira Turiarte’98 na Fundación Semana Verde de Silleda, unha obra que se inspira na natureza; cores frías que semellan o mar embravecido a través dunha composición que rolda a abstracción. Tres anos despois, no 2001, presentaba, con motivo da V Bienal Pintor Laxeiro celebrada no Museo Municipal Ramón María Aller de Lalín, a obra Roda sen ti; unha obra mixta de óleo sobre lenzo e madeira e de formato circular, semellando unha roda, que ofrece unha paleta de cores na que unha man que sobresae fai referencia á predilección da artista pola escultura. A mestura de materiais propón o desexo da autora por afastarse da pintura tradicional e deixar fluír a súa imaxinación.

Exposicións e certames[editar | editar a fonte]

  • Caja de Ahorros y M.P. de Salamanca.
  • Museo de Salamanca.
  • "10 anos de Algarabía". Museo Ramón Mª Aller de Lalín.
  • Museo Municipal "Ramón Mª Aller" de Lalín.
  • Cafetería Copacabana de Lalín.
  • "Arte Solidaria", Museo Municipal Ramón Mª Aller de Lalín.
  • V Bienal Laxeiro, Museo Municipal Ramón Mª Aller de Lalín.
  • 2º Premio Galería Burela 2001, concello de Burela.
  • Publicación-Ilustración O Primeiro Partido de Fútbol. Ed. Fervenza.
  • Colectiva Hostal dos Reis Católicos, Santiago de Compostela.