Mar Cabra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMar Cabra

(2022) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María del Mar Cabra Valero Editar o valor em Wikidata
14 de xuño de 1983 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaAguadulce (2017–) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónColumbia University Graduate School of Journalism - Mestrado (2009–2010)
Universidade Complutense de Madrid - comunicação audiovisual (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigative journalist (en) Traducir , analista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorConsórcio Internacional de Jornalistas Investigativos (pt) Traducir, director de tecnoloxía (2011–2017)
CNN+
British Broadcasting Corporation
La Sexta Noticias (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresGina Chua (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua inglesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Cronoloxía
Papeis de Panamá Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: cabralens LinkedIn: mar-cabra-8b9bb821 Editar o valor em Wikidata

María del Mar Cabra Valero, nada en Madrid o 14 de xuño de 1983, é xornalista de investigación e especialista en análise de datos española. É licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade Complutense de Madrid e máster en Xornalismo de investigación pola Universidade de Columbia de Nova York, estudos que realizou grazas a unha bolsa Fulbright.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Desde o ano 2004 traballou en diversos medios nacionais e internacionais, sendo investigadora e xornalista local na BBC para temas sobre España. Desde 2005 traballou como redactora, videoperiodista e produtora en medios como CNN+, El Mundo e la Sexta.

Entrevista a Mar Cabra no Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona.

No ano 2009 recibiu unha bolsa Fulbright para estudar no Centro Stabile de Xornalismo de Investigación (Universidade de Columbia) de Nova York onde recibe varios premios e honras, como o DuPont-Crichton ao mellor documental. Durante a súa estancia nos Estados Unidos traballou como investigadora na televisión pública norteamericana PBS, no Miami Herald e noutros medios como The Huffington Post.

Desde o ano 2011 é membro do Consorcio Internacional de Xornalistas de Investigación, unha organización que conta con máis de 160 xornalistas que traballan xuntos en investigacións transnacionais. Os proxectos nos que traballou até a data son: Secrecy for Sale: Inside the Global Offshore Money Maze (sobre paraísos fiscais), Skin and Bone (sobre a comercialización de tecidos humanos), Plunder in the Pacific e Spain’s $8 Billion Fish (ambos sobre o sector pesqueiro).[1]

Mar Cabra é unha das impulsoras en España do xornalismo de datos; durante o ano 2012 dirixiu a Fundación Cidadá Civio, unha organización sen ánimo de lucro que utiliza a tecnoloxía para apostar por unha maior transparencia e un acceso libre aos datos públicos.

En decembro de 2012 foi elixida como vicepresidenta do capítulo español da Open Knowledge Foundation, unha organización non lucrativa dedicada a promover os datos abertos e o coñecemento aberto.

Cabra formou parte do equipo internacional de xornalistas que levou a cabo a investigación dos papeis de Panamá e que recibiu o Premio Pulitzer 2017, na categoría de xornalismo en profundidade.[2] Dita investigación foi tamén premiada pola Asociación da Prensa de Madrid, que outorgou aos xornalistas españois que participaron nela cos Premios APM ao Mellor Xornalista do Ano 2016.[3]

Adicta á tecnoloxía e hiperconectada, segundo conta ela mesma, Mar Cabra quedou saturada e decidiu retirarse á costa almeriense para desconectarse e meditar. Despois de dous ou tres anos, en 2020 anunciou a súa volta para espertar unha conciencia colectiva fronte á tecnoloxía.[4]

Premios[editar | editar a fonte]

A Asociación da Prensa de Madrid premiou a Mar Cabra o ano 2012 co Premio Larra ao xornalista menor de 30 anos máis destacado do ano.[5]

Como parte do equipo internacional de xornalistas que realizaron a investigación coñecida como os papeis de Panamá, Mar Cabra recibiu o Premio Pulitzer 2017.

Igualmente, a mesma investigación dos papeis de Panamá, da que formou parte Mar Cabra, recibiu en 2016 os Premios APM ao Mellor Xornalista do Ano.

Notas[editar | editar a fonte]