Carmela Silva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "María do Carmen Silva Rego")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carmela Silva
Carmela Silva 2017.jpg
Carmela Silva
Datos persoais
Nacemento 26 de novembro de 1960
Lugar Vigo
Organización PSdeG
Profesión Política

María do Carmen Silva Rego, coñecida como Carmela Silva, nada en Vigo o 26 de novembro 1960, é unha política galega do PSdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciada en Dereito e profesora de Educación especial. Nas eleccións xerais do 2000 foi elixida deputada pola provincia de Pontevedra. Coa chegada do PSOE ao goberno español, traballou como asesora da Ministra de Agricultura Elena Espinosa. Posteriormente foi nomeada concelleira non electa no concello de Vigo polo alcalde socialista Abel Caballero, ocupando a dirección de urbanismo.

Nas eleccións xerais de 2008 foi elixida senadora, sendo nomeada portavoz do PSOE en substitución de Joan Lerma[1].

Nas municipais de 2011 foi elixida concelleira na cidade de Vigo. Uns meses despois, foi a cabeza de lista do PSOE ás eleccións xerais de 2011 pola circunscrición de Pontevedra, onde saíu elixida deputada.

Tralas eleccións municipais de 2015 Silva continúa como concelleira en Vigo. Grazas a un pacto entre PSdeG-PSOE e BNG, Silva é elixida presidenta da Deputación de Pontevedra[2].

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É nai do futbolista Iago Falque, actualmente xogador da AS Roma.


Predecesor:
Rafael Louzán Abal
 Coat of Arms of the Province of Pontevedra.svg
Presidenta da Deputación de Pontevedra
 
2015-actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]