Marica Campo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarica Campo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1948 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
O Incio, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalTeoloxía, Filosofía e letras
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía, narrativa e teatro
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

AELG: 208 Dialnet: 1323541

María Pilar Campo Domínguez, coñecida como Marica Campo, nada no Val do Mao (O Incio) o 24 de febreiro de 1948, é unha escritora galega[1].

Foi Premio da Cultura Galega, modalidade Letras en 2022.[2] Segundo o xurado: "Pola súa prolífica traxectoria na literatura infantil e xuvenil. Cunha singular e contundente voz literaria, destaca pola seu compromiso para achegar a lingua galega ás xeracións máis novas, o seu labor pola defensa da cultura galega e polo seu activo traballo para fomentar valores como o feminismo, o ecoloxismo ou a solidariedade".[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É a quinta de oito irmáns. Pasou os primeiros anos no Incio, pero foi á escola a Lugo. Cando tiña oito anos a familia trasladouse a Lugo para facilitar os estudos dos fillos. Aos quince anos ingresou nunha orde relixiosa coa intención de ser misioneira, e alí permaneceu cinco anos. Acudiu á Universidade Pontificia de Salamanca onde realizou estudos de Teoloxía. Obtivo o título de mestra e iniciou estudos de Filosofía e Letras.[4]

Exerceu como mestra en varias escolas da provincia de Lugo; entre outros: Muimenta, e Castro de Rei, así como en Canarias, e despois na Mariña de Lugo, onde residiu varios anos. Posteriormente desenvolveu o seu labor profesional no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, lugar onde se xubilou en 2008 e pasou a residir en Lugo.[5]

Publicou os seus primeiros relatos, en castelán, na revista de maxisterio Contacto y acción. Comezou a escribir en galego durante a súa estadía no Colexio Público de Castro de Rei. Participou en concursos de poesía, prosa e teatro obtendo algúns premios. Tamén escribiu letras para o grupo musical Fuxan os ventos.[6] Foi nomeada Chairega de Honra pola Asociación Cultural Xermolos e a Fundación Manuel María da Terra Chá en novembro de 2007.

No ano 2013 o concello de Lugo entregoulle o premio Entre mulleres.[7] Nese mesmo ano foi homenaxeada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega na súa terra, onde ten un monólito.[8][9]

En 2018 foi elixida protagonista da quinta edición do Día das Galegas nas Letras, pola plataforma literaria A Sega, premio que fora outorgado xa a Patricia Janeiro, María Xosé Queizán, María Victoria Moreno e Dorothé Schubarth[10].

Prologou varios libros.[11] e foi pregoeira en diversos eventos culturais e festivos, como por exemplo nas festas do San Froilán de Lugo en 2017, para as que elaborou un pregón en verso[12].

A biblioteca do colexio Ricardo Gasset do Incio leva o nome de Marica Campo.[13]

En 2022, mantiña semanalmente unha columna de opinión nos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra: A tecelá en outono[14] e recibiu o premio da Cultura Galega[15]na categoría de letras polo seu compromiso coa lingua e a cultura galegas, co feminismo e co ecoloxismo.[16]

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Confusión e morte de María Balteira (1996). Baía Edicións. 144 páxs. ISBN 978-84-92630-58-5.[19] Traducida ao inglés en 2022.[20]
  • Memoria para Xoana (2002). Espiral Maior. Novela curta ou relato longo en que unha violista fala coa filla que aínda non naceu para lle contar o pasado familiar e lle anunciar o futuro que soña para ela. 72 páxs. ISBN 978-84-95625-40-3. Traducida ao inglés en 2021 por Small Stations Press.[21]
  • Con Tamara Andrés na Libraría Paz de Pontevedra o 21/03/2022
    Onde houbo lume (2010). Biblos Clube de Lectura. 112 páxs. ISBN 978-84-15086-01-7.

Teatro[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

  • As dúas casas de Alicia de Cristelle Vallat (2013) Baía.
  • A Terra acatarrouse de Roxane Marie Galliez (2013). Baía.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole (1986, Concello de Lugo).
  • Narradoras (2000, Xerais).
  • Poemas e contos da muralla (2001, A Nosa Terra).
  • Un futuro para a lingua (2002, Xunta de Galicia).
  • Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
  • Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo (2003).
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003, Fundación Araguaney).
  • Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais).
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
  • XVIII Festival da Poesia do Condado (2004, S. C. D. Condado).
  • Elas 3: antoloxía poética (2004, Unión Comarcal de CCOO de Vigo).
  • Xela Arias, quedas en nós (2004, Xerais).
  • Escrita contemporánea, Homenaxe a Ánxel Casal (2005, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
  • Amor en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración dos 80 (2006, Baía Edicións). Edición de Maximino Cacheiro Varela.
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006, Espiral Maior).
  • Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero (2006, Espiral Maior/Xunta de Galicia).
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora).
  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).
  • Letras novas (2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
  • Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación (2009, Fundación Manuel María).
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora).
  • Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe) (2010, Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas).
  • Cociñando ao pé da letra (2011, Galaxia). Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
  • Premios Terras de Chamoso (2007-2009) (2011, Asociación Cultural Arumes do Corgo).
  • Banqueiros (2012, Laiovento).
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
  • No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal (2015, Alvarellos).
  • 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca (2015, Biblos Clube de Lectores).
  • Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González (2016, Fervenza).
  • Relatos da Ulloa (2019, Instituto de Estudos Ulloáns/Gadis).
  • Entre donas (2020). Baía Edicións. 208 páxs. ISBN 9788499953427. Dez relatos de escritoras galegas actuais colocando as mulleres no centro da historia.[23]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Mención de Honor de O Facho en 1983, por O Premexentes non pode cos paxaros rebezos ou Memorias dun Escribano.
  • Premio de Poesía Concello de Vilalba no 1998, por Catro lúas e a da morte
  • Premio de Narrativa Concello de Vilalba no 2001, por Memoria para Xoana.
  • Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2001, por Pedinche luz prestada.
  • Premio da III Edición Arume de Poesía para nenos no 2006, por Abracadabras.
  • Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega de Literatura Infantil e Xuvenil no 2007, por Abracadabras.
  • Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega de Poesía no 2008, por Sextinario: trinta e seis + tres.
  • 2021: Premio Follas Novas do Libro Galego[24] por Nós outras, con Menchu Lamas: libro mellor editado
  • 2021: VIII Caxato de Avelino Pousa Antelo coa súa irmá.[25]
  • 2022: Homenaxeada no Salón do Libro de Pontevedra.[26]
  • 2022: Premio Cultura Galega das Letras
  • 2023: Lucense do ano[27]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1]Arquivado 03 de agosto de 2018 en Wayback Machine. Ficha da autora en Editorial Galaxia
  2. Galicia, Xunta de (2022-10-04). "Os premios da Cultura Galega 2022 recaen en Marica Campo, María Victoria Carballo-Calero, Melania Cruz, Música en Compostela, Xosé Manuel Gayoso, Manuel González, Xacarandaina e o programa ConCiencia". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2022. Consultado o 2022-10-04. 
  3. Diario, Nós (2022-10-04). "Os Premios da Cultura Galega recoñecen, entre outros, a Marica Campo, Gayoso e Melania Cruz". Nós Diario. Consultado o 2022-10-05. 
  4. "Marica Campo". www.aelg.gal. Consultado o 2021-05-17. 
  5. Diario, Nós. "Lugo é Marica Campo". Nós Diario. Consultado o 2021-05-17. 
  6. "Marica Campo". bvg.udc. 
  7. Torres, Xosé María (23.06.13). "Un souto para Marica Campo". Consultado o 5 novembro 20919. 
  8. Homenaxe da AELG
  9. Press, Europa (2013-02-02). "La Asociación de Escritores en Lengua Galega elige a Marica Campo como autora del año". www.europapress.es. Consultado o 2024-03-09. 
  10. Piñeiro, Xesús Manuel (25/02/2018). "Marica Campo, protagonista do V Día das Galegas nas Letras". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 21/06/2018. Consultado o 23/04/2018. 
  11. "Mª Pilar Campo Domínguez Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2021-05-17. 
  12. "Plataforma temática sobre Galicia en Internet". www.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 2023-03-09. 
  13. Lugo, El Progreso de (2021-06-09). "El cole de O Incio honra a las hermanas Campo". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2021-06-10. 
  14. Lugo, El Progreso de. "El Progreso de Lugo: Periódico líder de Lugo y su Provincia". El Progreso de Lugo. Consultado o 2022-03-21. 
  15. culturagalega.org (2022-10-05). "Marica Campo, Melania Cruz e Xosé Ramón Gayoso levan cadanseu galardón". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2024-03-09. 
  16. Atlántico (2023-03-16). "Rueda ensalza "el vigor" del sector cultural en los Premios da Cultura 2023". Atlántico (en castelán). Consultado o 2024-03-09. 
  17. Martínez Delgado, Verónica. "Tras as portas do rostro por Verónica Martínez Delgado". A Sega. Consultado o 2021-05-17. 
  18. "nós outras [Marica Campo e Menchu Lamas]". A poesía necesaria. Consultado o 2022-03-21. 
  19. "Confusión e morte de María Balteira". baiaedicions.gal. Consultado o 2021-05-17. 
  20. March, Kathleen N. "Confusion and Death of María Balteira". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2023-05-11. 
  21. "Memoir for Xoana". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-25. 
  22. "Confusión e morte de María Balteira". letrasdavila.com. 
  23. Xmeyre, ~ (2020-11-18). "a propósito de ENTRE DONAS, varias autoras, en Baía.". Ferradura en Tránsito II. Consultado o 2021-01-22. 
  24. "Gañadoras da sexta edición dos premios Follas Novas do Libro Galego 2021". Asociación Galega de EDITORAS. 2021-05-15. Consultado o 2021-05-16. 
  25. Redacción. "O VIII 'caxato' de Avelino Pousa Antelo homenaxea Marica e Tereixa Campo". Nós Diario. Consultado o 2021-08-19. 
  26. Pontevedra, Diario de (2022-01-27). "O Salón do Libro homenaxeará a Marica Campos e a Xosé Cobas". Diario de Pontevedra. Consultado o 2022-03-17. 
  27. "Marica Campo, Siro López, Melania Cruz ou Adrián Ben, entre os Lucenses do Ano". G24. Consultado o 2023-12-11. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]