María del Carmen García Campelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María del Carmen García Campelo
Nome completoMaría del Carmen García Campelo
Nacemento1959
 Seixo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

María del Carmen García Campelo, nada en Seixo (Marín) en 1965, é unha política galega do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Tamén é profesora de solfexo. Foi concelleira de Cultura e Servizos de Marín (1991-2001). Tamén foi asesora da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (1994-1995). Foi deputada no Parlamento de Galicia en 1996 substituíndo a Juan Miguel Diz Guedes e nas eleccións autonómicas de 1997 volveu ser elixida depurada. En 2001 foi nomeada Directora Xeral de Promoción Cultural da Xunta de Galicia. Foi xerente adxunta do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (2009)[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]