Saltar ao contido

María das Dores Arribe Dopico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría das Dores Arribe Dopico
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1938 Editar o valor en Wikidata
Ferrol Editar o valor en Wikidata
Morte23 de outubro de 2016 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Ferrol Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica, mestra, escritora Editar o valor en Wikidata

BNE: XX838238

María das Dores Arribe Dopico, coñecida como Lola Arribe, nada en Ferrol o 16 de febreiro de 1938 e finada na mesma cidade o 23 de outubro de 2016, foi unha docente, política e escritora galega reintegracionista.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi filla de Enrique Arribe, traballador de Bazán e cenetista, e Flora Dopico, costureira. Entre 1953 e 1956 estivo exiliada en Francia co seus pais e tres irmáns.

Cos coñecementos de francés adquiridos no exilio, exerceu de profesora de francés no ensino privado. Non foi ata comezos dos 80 cando obtivo o título no Ciclo Superior en Lingua Galega na Escola de Idiomas da Coruña, se ben toda a súa vida se formou de xeito autodidacta.

A publicación de tres libros de texto de lingua galega para EXB na normativa de mínimos (prologados por Lois Barros Díaz) fixo que a Xunta de Galicia non os aprobase para o ensino, tras mudar a normativa e negarse ela a facer os cambios para a adaptación. Foi discípula, correspondente[2] e amiga de Ricardo Carvalho Calero, así como cofundadora de AGAL, coa que participou en Congresos Internacionais da Lingua Galego-Portuguesa, e tamén foi integrante do Consello Asesor da revista Agália.

En política, foi dirixente do PSG, mantendo tamén actividade relacionada coa Igrexa, e, en ambos casos, a prol da lingua galega. Presentouse como número catro na candidatura con Manuel Beiras nas eleccións Xerais de España de 1977, (nas que se presentaron 136 homes e 14 mulleres)[3] e na candidatura do Bloque-PSG con Francisco Rodríguez no 1982.

Nas artes, deixou un amplo poemario aínda sen publicar.[4]

Obras e citas

[editar | editar a fonte]
  • Maria do Sol Veiga Aneiros / Maria Dores Arribe Dopico: Língua Galega E. X. B. (ciclo inicial). Ed. Everest 1982[5]
  • Maria Dores Arribe Dopico: Língua Galega 3º E. X. B. (ciclo medio). Ed. Everest 1983
  • Maria Dores Arribe Dopico: Língua Galega 4º E. X. B. (ciclo medio). Ed. Everest 1983
  • Colaboración en Letras Galegas 1984
  • Poema “Um homem, uma língua, uma pátria”, 1987, na revista portuguesa O Ensino, número especial adicado a Carballo Calero.
  • Presenza na VIII Conferencia da Asociación Americana de Juristas[6]
  • VILAMOR, J. (2/1977). O Ferrol: Siquiatras pola liberación. Teima 8, p. 14.
  • Poemas dos sobre de té (2025, edición de Manuel Rivero)
  • Poemas inéditos (2025, edición de Manuel Rivero)
  1. ↑ "Lola Arribe: uma vida de afouteza, coerência e dignidade - PGL". pgl.gal (en portugués). 2021-10-22. Consultado o 2025-01-09.
  2. ↑ Arribe Dopico, Maria Dores. Carta, 1983 janeiro 9, Ferrol, a Carballo Calero.[Ligazón morta]
  3. ↑ Isma. "Plataforma temática sobre Galicia en Internet". www.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 2025-01-24.
  4. ↑ Conversa mantida co seu biógrafo Manuel Rivero (20250127)
  5. ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2025. Consultado o 09 de xaneiro de 2025.
  6. ↑ AGÁLIA, primavera 1988