Saltar ao contido

María Yáñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «María Yáñez Anllo»)
Para información sobre a cantante española, véxase La Bella Dorita.
Infotaula de personaMaría Yáñez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de setembro de 1978 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webmariayanez.eu Editar o valor em Wikidata
Twitter: myanllo Editar o valor em Wikidata

María Yáñez Anllo, nada en Lugo o 1 de setembro de 1978, é unha xornalista, editora e guionista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de estudar Xornalismo na Universidade de Santiago, entre 2001 e 2003 converteuse en directora da revista electrónica Bravú.net, un e-magazine de cultura alternativa. Ao rematar ese proxecto traballou durante algúns anos como guionista así como desenvolvendo proxectos para Continental Producciones, mentres abría e mantiña o blog Todo Nada, unha das referencias importantes do fenómeno blog en Galicia.

En 2005 converteuse en directora de Vieiros, asemade que abandona o blog. Posteriormente, en 2006, deixou a dirección dese xornal electrónico e dedícase a labores de xornalista freelance (El País, 20 minutos), e como guionista para a televisión. É a propietaria da editorial dixital Ediciós da Rotonda.

Dirixiu na TVG o programa O país dos ananos e traballou para a compañía galega A Navalla Suíza[1]. Foi unha das socias fundadoras da iniciativa a prol do galego GalegoLab. En 2015 pasou a formar parte da xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual.

É a creadora e directora da revista dixital Vinte.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ficha de Yáñez na páxina da compañía". Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2011. Consultado o 18 de decembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]