María Xosé Agra
María Xosé Agra | |
---|---|
Nacemento | 11 de febreiro de 1956 |
Santiago de Compostela | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | filósofa |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María Xosé Agra Romero, nada en Santiago de Compostela [1]o 11 de febreiro de 1956, é unha filósofa galega especialista en filosofía política e teoría crítica feminista. É membro da comisión de xénero do Consello da Cultura Galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación, Sección Filosofía e Doutora en Filosofía e profesora de Filosofía moral e política da Universidade de Santiago de Compostela. Traballa en Filosofía política, teorías de xustiza e teoría crítica feminista. Desde 2007 é Catedrática de Filosofía Moral e Política da Universidade de Santiago de Compostela.[2][3] É coordinadora do Grupo de Investigación " Xustiza e Igualdade" da USC e membro do Centro de Investigacións Feministas de Estudos de Xénero (CIFEX) da Universidade de Santiago de Compostela, ademais de membro do plenario do Consello de Cultura Galego.[3] É especialmente coñecida polos seus traballos no ámbito da Filosofía Política e a Teoría crítica feminista. Investigou sobre a vulnerabilidade humana, xustiza e igualdade. Okin, Iris Marion Young, Adriana Cavarero, Judith Butler ou Shklar son algunhas das autoras sobre as que reflexiona para expor a complexidade das raíces dos desequilibrios da nosa sociedade.[4]
Integrouse no grupo de investigadoras do proxecto «Feminismo, Ilustración y Multiculturalidad: procesos de ilustración en el Islam y sus implicaciones para las mujeres», dirixido pola doutora Celia Amorós Puente.[5]
En¿Olvidar a Clitemnestra? Sobre justicia e igualdad (2016) a filósofa realiza unha análise exhaustiva das complexas relacións no mundo contemporáneo entre xustiza e igualdade, desde un punto de vista que a autora considera privilexiado, a crítica feminista.[6]
Obras[editar | editar a fonte]
- ¿Olvidar a Clitemnestra? Sobre justicia e igualdad (2016) Santiago de Compostela: USE Editora.
- Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán (2011) ISBN: 978-84-9914-232-6
- En torno a la justicia (1999) María José Agra, Luis G. Soto, Cristina Caruncho Michinel
- Feminismo y filosofía (2000). Celia Amorós y María Xosé Agra [1]
- Ecología y feminismo (1998) ISBN: 978-84-8151-578-7 (compiladora)
- Corpo de muller: discurso, poder, cultura. Obra colectiva. (1997) ISBN 978-84-87847-87-5 (editora)
- J. Rawls (1985) ISBN: 978-84-7191-352-4
Artigos[editar | editar a fonte]
- "Ciudadanía, feminismo y globalización" (2008).[7]
- "Ciudadanía: ¿Un asunto de familia?" Isegoría (2008).[8]
- "Del sexo y del género: epistemología y política (2017). Anuario de literatura comparada 1616. Universidade de Salamanca.[9]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Curriculum Vitae normalizado. María José Agra Romero" (PDF). www.ucm.es. Consultado o 23/01/2018.
- ↑ "Horario del profesor. Facultad de Filosofía. USC". www.usc.es. Consultado o 2019-01-23.
- ↑ 3,0 3,1 "María Xosé Agra Romero no Consello da Cultura Galega". consellodacultura.gal. Consultado o 2019-01-23.
- ↑ CEA. "Seminario con María Xosé Agra Romero – Centro de Ética Aplicada" (en castelán). Consultado o 2019-01-23.
- ↑ "María Xosé Agra Romero. Xénero e Documentación". culturagalega.gal. Consultado o 2019-01-23.
- ↑ Campillo, Neus (2018-06-06). "AGRA ROMERO, María Xosé (2016): ¿Olvidar a Clitemnestra? Sobre justicia e igualdad., Santiago de Compostela: USE Editora.". Daimon Revista Internacional de Filosofia (en castelán) (74): 194–198. ISSN 1989-4651. doi:10.6018/daimon/282611.
- ↑ "Feminismo y globalización" (PDF). cdd. Consultado o 23/01/2019.
- ↑ "Ciudadanía: ¿Un asunto de familia?". isegoria.revistas.csic.es. Consultado o 23/01/2019.
- ↑ Romero, María Xosé AGRA (2018-12-31). "Del sexo y del género: epistemología y política". 1616: Anuario de Literatura Comparada (en castelán) 7 (0): 87–106–106. ISSN 2445-2262.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
- Curriculum Vitae normalizado. www.umc.es
- Entrevista a María Xosé Agra. REF. 20/05/2018
Política e vulnerabilidade. María Xosé Agra Romero (Universidade de Santiago) 31/03/2016
Voando sen instrucións. María Xosé Agra 31/07/2018
|