María Varela
(2020) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1974 (49/50 anos) Lugo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidad Nacional de Educación a Distancia |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Premios | |
María Varela Abelairas, nada en Lugo en 1974, é unha xornalista galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Desde o ano 2000 reside en Pontevedra.
Cursou estudos de Ciencias Empresariais na Universidade de Santiago de Compostela e despois de xornalismo na mesma USC e na UNED.
Comezou o traballo de xornalista en Radio Televisión Terras de Lemos (Monforte de Lemos) e contiuou en Onda Cero, Radio Voz e La Voz de Galicia. No 2000 incorporouse ao Diario de Pontevedra no que foi columnista, redactora de cultura, coordinadora de suplementos e redactora xefa.[1] Tamén fixo colaboracións con Galiciaé.[2]
Publicou oito poemas en galego (Noites, Silencio, As bocas caladas, Sen nome, Airexa de sal, 1 de novembro, Violeta, Indiferenza) no nº 221 de Grial.[3]
Foi a pregoeira das Festas da Peregrina 2018[4] en Pontevedra cun "pregón feminista".[5]
Obra
[editar | editar a fonte]- A pantasma de Lourizán (2023). Silleda: Ed. Elvira. En "Lourizán. Historias para coñecer Pontevedra", do Diario de Pontevedra. 62 páxs. ISBN 978-84-128006-1-6. Relato.
Premios
[editar | editar a fonte]- 2017: Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego por Cóxegas e tartas.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas - María Varela - Detalle ponente". www.depo.gal (en castelán). Consultado o 2019-06-01.
- ↑ "Opinión - maria-varela Galiciae". www.galiciae.com. Consultado o 2019-06-01.
- ↑ Varela, María (xaneiro, febreiro, marzo 2019). "Poemas". Grial LVII (221): 60–63. ISSN 0017-4181.
- ↑ Redacción (2018-08-10). "María Varela: "O meu primeiro contacto con esta cidade foi nas festas da Peregrina"". Diario de Pontevedra. Consultado o 2019-06-01.
- ↑ Gago, Marcos (2018-08-12). "Un pregón feminista abre la Peregrina". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2019-06-01.
- ↑ Redacción (2017-06-19). "María Varela, xornalista de Diario de Pontevedra, gaña o Fernández del Riego". Diario de Pontevedra. Consultado o 2019-06-01.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cóxegas e tartas, artigo gañador do Premio Francisco Fernández del Riego
- A opinión nos medios locais por María Varela, 2 de marzo de 2o18. YouTube.
- Pregón das Festas da Peregrina 2018. Cadenaser.com