María Vázquez Blanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Vázquez Blanco
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
A Graña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

María Vázquez Blanco, nada na Graña (Ferrol), foi unha guerrilleira galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Alicio Vázquez Hinojosa, maquinista da Mariña, que casou o 16 de decembro de 1919 con Julia Blanco Rey. O seu pai, enfermo de pulmón, foi destinado ao Ministerio de Mariña, e en xaneiro de 1931 María marchou a Madrid coa súa nai e os seus irmáns Alicio e Julia.[1] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 Alicio Vázquez Hinojosa adiestrou a voluntarios socialistas en Madrid; recibiu o mando e con eles foi á fronte de Estremadura e finou en combate en Llerena (Badaxoz) o 31 de agosto de 1936.[2] Despois da batalla do Ebro María marchou de Madrid a Valencia coa nai nai e os irmáns. En febreiro de 1939 cruzaron a fronteira española por Le Perthus. As dúas mozas foron enviadas a Grugny (Normandía) e Alicio alistouse na Lexión estranxeira de Pétain, foi enviado a África e alí desertou para enrolarse na 2ª División Blindada do xeneral Leclerc. Acabou na compañía La Nueve, integrada por 160 soldados, case todos españois. María, que tiña estudos de enfermería, encontrou traballo nun hospital de Rouen, axudou a conquistar a cidade en agosto de 1944, foi quen izou a bandeira republicana española no Concello. Namorou dun soldado das tropas aliadas, e vestida de home entrou nos EEUU, casou e tivo unha filla.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Ideal Gallego, 13-1-1931, p. 2.
  2. Alicio Vázquez Hinojosa, maquinista republicano

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]