Teresa del Riego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «María Teresa del Riego y Bustillos»)
Infotaula de personaTeresa del Riego

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1800 Editar o valor em Wikidata
Tinéu, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de xuño de 1824 Editar o valor em Wikidata (23/24 anos)
Londres Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRafael del Riego Editar o valor em Wikidata
Teresa del Riego nunha estampa de 1843.

María Teresa del Riego y Bustillos, nada en Tinéu, Asturias en 1800 e finada en Londres o 19 de xuño de 1824, foi unha viúva e sobriña do Xeneral Rafael del Riego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Teresa contraeu matrimonio por poderes co seu tío, 16 anos maior que ela, en Cangas del Narcea, en outubro de 1821. En 1822, o matrimonio estabeleceuse en Madrid onde Rafael del Riego era deputado electo por Asturias. Trala invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís en 1823, Teresa fuxiu a Xibraltar e posteriormente exiliaríase en Little Chelsea, preto de Londres, onde tería novas do apresamento, proceso e execución do seu esposo.

Durante o seu exilio, Teresa mantívose cunha pensión de 25 libras anuais que ofrecía o goberno británico ós exiliados españois sempre que demostrasen non dar apoio ós franceses durante a guerra da independencia.

Faleceu o 19 de xuño de 1824, tras unha penosa doenza, sendo enterrada na capela de Moorsfield en Londres.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]