María Teresa Arredondo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Teresa Arredondo
Biografía
Nacementoséculo XX
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Arxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncientífica , enxeñeira biomédica , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Nacional de Tucumán (pt) Traducir
Universidade Politécnica de Madrid
Universidade Politécnica de Valencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1271448

María Teresa Arredondo Waldmeyer, nada no século XX, é unha enxeñeira arxentina que destaca no ámbito internacional grazas aos seus traballos de investigación e pola súa innovación no campo das TIC aplicadas á saúde e á inclusión social. Foi a primeira enxeñeira electrónica da Universidade Nacional de Tucumán, na Arxentina, ademais da primeira muller catedrática en España no ámbito da Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade Politécnica de Madrid (UPM).[1][2] Actualmente está adscrita ao Departamento de Tecnoloxía Fotónica e Bioenxeñaría da UPM, onde imparte as súas clases de bioenxeñaría.[3][4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse como Enxeñeira Electricista con Orientación Electrónica pola Universidade Nacional de Tucumán na Arxentina no ano 1976. En 1982, finalizou na Universidade Tecnolóxica Nacional da Arxentina os seus estudos de Máster Especialista en Hixiene e Seguridade no Traballo. É doutora en Enxeñaría de Telecomunicación pola Universidade Politécnica de Valencia dende 1988, pola á súa tese doutoral "Especificaciones de diseño instrumental en defibrilacion automatica externa: repercusion de los mecanismos asociados a la resucitacion".[5]

Realiza unha investigación en múltiples disciplinas sobre as interaccións entre os sistemas vivos e sistemas artificiais para o modelaxe, deseño e implementación de contornas da intelixencia ambiental dirixidos á súa aplicación no campo da Saúde e dos Servizos Sociais. Para iso, deseña e desenvolve plataformas integradas intelixentes multimedia e multiformato para pacientes e profesionais, á vez que investiga en contornas e produtos que respondan á filosofía de "Deseño para todos".[6][7]

Dende 2002 dirixe o Grupo de Investigación en Tecnoloxías de Apoio á Vida (Life Supporting Technologies) da Universidade Politécnica de Madrid (UPM).[8]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

É membro de múltiples asociacións como da Sociedade Arxentina de Bioenxeñaría SABI, da Asociación Arxentina de Luminotecnia, da New York Academy of Sciences, da American Telemedicine Asociation ATA (Estados Unidos), e do Foro Independent Living da Unión Europea ademais de vicepresidenta da Sociedade Española de Telemedicina SET. Ata 1992 foi membro da Comisión Directiva da Asociación Española de Enxeñaría Biomédica.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Las ocho mujeres que abrieron el camino en el sector de la ciencia y la tecnología en España". Zonamovilidad.es (en castelán). 
  2. "La catedrática que ha roto tres veces el techo de cristal". www.madrimasd.org (en castelán). 8 de marzo de 2019. 
  3. "Maria Teresa Arredondo Waldmeyer". Observatorio de I+D+i UPM. Consultado o 24 de marzo de 2022. 
  4. "ORCID". orcid.org. Consultado o 30 de marzo de 2022. 
  5. Arredondo Waldmeyer, María Teresa (1988). Especificaciones de diseño instrumental en defibrilacion automatica externa: repercusion de los mecanismos asociados a la resucitacion (Tese) (en castelán). Universitat Politécnica de Valencia. 
  6. "Observatorio de I+D+i UPM". Consultado o 7 de marzo de 2019. 
  7. "María Teresa Arredondo Waldmeyer - Journal of Translational Engineering in Health and Medicine". Consultado o 12 de marzo de 2019. 
  8. "LifeSTech" (en inglés). Consultado o 7 de marzo de 2019. 
  9. "María Teresa Arredondo Waldmeyer – Ellas ingenian, Ellas innovan, Ellas construyen" (en castelán). Consultado o 7 de marzo de 2019. [Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]