María Tareixa de Austria e Borbón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María Tareixa de Austria e Borbón
Infanta de España e Infanta de Portugal e Arquiduquesa de Austria
Raíña consorte de Francia e de Navarra.
María Teresa de Austria por Velázquez.

Reinado9 de xuño de 1660 -
30 de xullo de 1683
Nacemento10 de setembro de 1638
San Lorenzo de El Escorial, España
Falecemento
Versalles, Francia
Cónxuxe/sLois XIV de Francia
Descendencia
  • Casa realCasa de Austria
    ProxenitoresFilipe IV de España
    Isabel de Francia

    Escudo de María Tareixa de Austria e Borbón
    Na rede
    WikiTree: Habsburg-58 Find a Grave: 84229761 Editar o valor em Wikidata

    María Tareixa de Austria e Borbón (en francés: Marie-Thérèse d'Autriche), nada en San Lorenzo de El Escorial o 10 de setembro de 1638 e finada en Versalles o 30 de xullo de 1683, foi unha Infanta de España, Infanta de Portugal, Arquiduquesa de Austria e, Raíña consorte de Francia desde 1660, aínda que isto non impediu que Francia atacase a España en Flandres durante a Guerra de Devolución, nin no Caribe, apoiando aos piratas (filibusteiros e bucaneiros) desde a Illa da Tartaruga (base francesa pirata, onde se abastecían de pólvora, municións,...), chegando a atacar a parte occidental da Española en mans francesas (Haití), con apoio oficial até 1665, que foi restablecido posteriormente.

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Filla do Rei Filipe IV de España e da súa primeira esposa a princesa Isabel de Francia, era por parte de nai, a neta do Rei Henrique IV de Francia e á súa vez irmá do rei Carlos II de España

    Matrimonio[editar | editar a fonte]

    A entrevista de Lois XIV e Filipe IV na illa dos Faisáns representa o momento da entrega de María Tareixa como esposa ao rei de Francia.

    O 9 de xuño de 1660 contraeu matrimonio con Lois XIV de Francia, o chamado Rei Sol, primo-irmán seu por dobre liña, tanto por parte de pai como de nai. A súa entrega como prometida do rei formalizouse en Irún (Illa dos Faisáns), nun acto cuxa preparación contou coa participación de Velázquez.

    A raíña María Teresa levou unha vida de illamento e de tristeza durante todo o seu reinado. Salvo por unha breve rexencia en 1672, durante a campaña do rei contra Holanda, non desenvolveu actividade política algunha.

    Deu seis fillos ao rei, dos cales só Lois, o chamado "Gran Delfín", sobreviviuna. Unha enfermidade devastadora acabou coa súa vida en 1683, cando soamente contaba con 44 anos de idade.

    Avoa do primeiro rei Borbón de España[editar | editar a fonte]

    Anos máis tarde o seu neto, Filipe de Francia, duque de Anjou, segundo fillo do Gran Delfín, sería proclamado Rei de España co nome de Filipe V como sucesor de Carlos II, medio irmán máis novo de María Tareixa, polo cal os dereitos dinásticos da actual familia real española pasan polos da súa antecesora e matriarca, única filla do rei Filipe IV en ter descendencia na actualidade.

    Descendencia[editar | editar a fonte]

    Dos seis fillos que tivo co rei Lois XIV de Francia, só o maior, Lois, chegou á idade adulta, probablemente por culpa da consanguinidade:

    1. Lois de Francia, Delfín de Francia; coñecido como O Gran Delfín ou "Monseigneur" e pai de Lois de Francia, Filipe V de España e Carlos de Francia;
    2. Ana Isabel de Francia (18 de novembro30 de decembro de 1662);
    3. María Ana de Francia (16 de novembro26 de decembro de 1664);
    4. María Tareixa de Francia (2 de xaneiro de 16671 de marzo de 1672);
    5. Filipe Carlos de Francia (5 de agosto de 166810 de xullo de 1671), Duque de Anjou;
    6. Lois Francisco de Francia (14 de xuño4 de novembro de 1672).

    Existe ademais unha lenda que di que a raíña tivo unha filla con Nabo, o seu paxe de orixe africana. A nena, de nome Louise Marie Thérèse, sería oculta nun convento.[1]

    Devanceiros[editar | editar a fonte]

    Notas[editar | editar a fonte]

    1. Bernard, Caire (1990). "La Mauresse de Moret". Revue des Amis de Moret (116): 69–77. 

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Outros artigos[editar | editar a fonte]