María Solar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «María Solar Núñez»)
Infotaula de personaMaría Solar

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de decembro de 1970 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade IE (pt) Traducir - xornalismo
Universidade de Santiago de Compostela - bioloxía
Universidade Politécnica de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional, xornalismo e programa de televisión Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , presentadora , xornalista , presentadora de televisión Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina webmariasolar.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2428926 Twitter: MariaSolar2 Bitraga: 4406 AELG: 471 Editar o valor em Wikidata

María Solar Núñez, nada en Santiago de Compostela o 25 de decembro de 1970, é unha xornalista e escritora galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa formación abarca as ciencias e as letras. É licenciada en Xornalismo (Universidade SEK de Segovia) e en Bioloxía (Universidade de Santiago de Compostela), diplomada en Maxisterio (USC), ten tamén o título de Especialista en Información Ecolóxica e Medioambiental (Universidade Politécnica de Madrid).[2]

Durante os seus estudos formouse e traballou como actriz de dobraxe, actividade que volveu exercer anos despois. E tamén na etapa universitaria comezou a traballar en Radio Compostela. Ese foi o seu primeiro contacto co mundo da comunicación que xa nunca abandonou. Como xornalista o seu traballo céntrase principalmente na radio e televisión autonómicas de Galicia. Na súa traxectoria na TVG presentou todo tipo de programas como o cultural Zigzag diario, Ciencianosa, En pé de festa, Arrampla con todo, A Revista Fin de Semana, etc. Na Radio Galega, entre outros programas foi directora e presentadora durante oito anos da revista As tardes da Galega e do programa de literatura Chamando á Terra. Ten colaborado con frecuencia en prensa e revistas. Tamén presenta o programa Zigzag Fin de Semana en TVG e coordina os programas de cultura da CRTVG.[3]

Como escritora escribiu para todas as idades comezando polo infantil e xuvenil onde obtivo distintos premios e recoñecementos nacionais e internacionais, entre eles o Premio Lazarillo de Creación Literaria 2014 coa obra escrita orixinalmente en galego O meu pesadelo favorito e entrou dúas veces na lista White Ravens cos libros Mi pesadilla favorita en 2015 e Teño uns pés perfectos en 2016. En febreiro de 2017 publicou a novela Os nenos da varíola, baseada na Expedición Balmis.[4] Os seus libros foron publicados en varios idiomas como galego, castelán, catalán, portugués, polaco, filipino, chinés ou italiano.[5]

Gañadora de varios premios, entre eles o Xerais de novela en 2022 por A culpa.[6]

Obras[editar | editar a fonte]

María Solar na Festa dos Libros de Pontevedra, 2017.

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • O fillo do Pintamonas (2009). Vigo: Tambre. 124 páxs. Ilustradora Teresa Novoa Martínez. ISBN 9788492404629.
  • Vou ter un irmán!!! (2011). Vigo: Galaxia. Ilustracións de Xosé Tomás. 28 páxs. ISBN 978-84-9865-371-7.
    • En castelán en 2016 por Algar, ¡Voy a tener un hermano!,[7] en catalán en 2016 por Animallibres, Trindré un germanet![8] e en valenciano por Bromera en 2016, Tindré un germanet![9]
  • As meigas de Lupa (2012). Vigo: Xerais. 120 páxs. ISBN 978-84-9914-375-0 (11ª). ePub: ISBN 978-84-9914-545-7.
    • En castelán, Las brujas de la reina Lupa, Anaya, 2016.[10]
  • A verdadeira historia da mosca da tele (2012). Vigo: Galaxia. 108 páxs. ISBN 978-84-9865-458-5.
    • En castelán La verdadera historia de la mosca de la tele, 2015, Anaya.[11] En catalán, La autèntica història de la mosca de la tele, Andana Editorial, 2016.[12]
  • O meu pesadelo favorito (2015). Vigo: Galaxia. 184 páxs. ISBN 978-84-9865-588-9.
    • En castelán como Mi pesadilla favorita, 2015, Siruela.[13] En catalán, El meu malson favorit, Bromera, 2015.[14]
  • Teño uns pés perfectos, editado tamén en castelán como Tengo unos pies perfectos (2015). Pontevedra: Kalandraka.[15]
    • En catalán en 2017 como Tinc uns peus perfectes. Kalandraka.[16] En portugués en 2018 Tenho uns pés perfeitos, Kalandraka.[17] En filipino no 2019 'Wala kayo sa paá ko!, Adarna.[18]
  • Os nenos da varíola (2017). Vigo: Galaxia. 208 páxs. ISBN 978-84-9151-026-0.
    • 2017 en castelán en Anaya Los niños de la viruela[19] e en catalán en Bromera L´expedició del doctor Balmis.[20]
  • Quokka Moka (2019) Vigo: Xerais. Ilustracións de Víctor Rivas. 152 páxs. ISBN 978-84-9121-483-0. ePub: ISBN 978-84-9121-494-6.
    • En 2019: castelán en Anaya Quokka Moka e en catalán en Animallibres La Quokka Moka
  • Adeline (2024). Vigo: Xerais, Fóra de Xogo. 288 páxs. ISBN 978-84-1110-452-4. ePub: ISBN 978-84-1110-480-7. Unha homenaxe a Carmilla, a primeira e fascinante vampira que se presentou ao mundo hai máis de século e medio.[21]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Ensaio e divulgación[editar | editar a fonte]

  • Ecoloxía na aula (1997). Santiago de Compostela: Lea. 72 páxs. ISBN 9788489947092.
  • O libro do noso mar (1999). Santiago de Compostela: Lea. 120 páxs. ISBN 9788489947603.
  • ¿Quieres ser periodista? (2017). Siruela. Con Luis Fraga. (castelán)

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • O libro dos Reis Magos. Xunta de Galicia-Galaxia, 2012.
  • Choven palabras no futuro. Gálix-Xunta de Galicia, 2015.
  • Nuevos cuentos de la esfinge. Siruela, 2015.
  • Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda. Alvarellos editora, 2017.
  • Contaxio. UNICEF. Autores: Fran Alonso, Ledicia Costas, María Solar. 2021.
  • Que tempos! Edicións Embora, 2022.
  • UNICEF: 75 años defendiendo los derechos de la infancia, 2022

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • Segundo premio de xornalismo científico Galicia Innovación no 2009.
  • Premio Frei Martín Sarmiento na 1ª categoría: 1º e 2º de Educación Primaria, no 2013, por Vou ter un irmán!!!.
  • Premio Frei Martín Sarmiento na 3ª categoría: 5º e 6º de Primaria en 2014, por A verdadeira historia da mosca da tele.
  • Premio Lazarillo de Creación Literaria no 2014, por O meu pesadelo favorito.
  • Inclusión na lista The White Ravens de Internationale Jugendbibliotheken de Múnic en 2015 de Mi pesadilla favorita, Siruela.
  • Premio Fervenzas literarias ao mellor libro infantil de 2015, por O meu pesadelo favorito.
  • Premio mellor libro de Literatura Infantil e Xuvenil na I Gala do Libro Galego en 2016, por O meu pesadelo favorito.
  • Inclusión na lista The White Ravens de Internationale Jugendbibliotheken de Múnic en 2016 por Teño uns pés perfectos, Kalandraka.
  • Premio Frei Martín Sarmiento ao mellor libro para adultos en 2017, por As horas roubadas.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de literatura xuvenil de 2017, por Os nenos da varíola.
  • Premio ó mellor libro xuvenil da III Gala do Libro Galego, por Os nenos da varíola. 2018.
  • Finalista a mellor libro xuvenil Premi Protagonista Jove do CLIJCAT por L´expedició del doctor Balmis. 2018.
  • Finalista I Premi Menjallibres de Vila nova i la Geltrú por L´expedició del doctor Balmis. 2018.
  • Premio Ínsua dos poetas de Creación Literaria, 2019.
  • Premio Xerais de novela, 2022, por A culpa.[25]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Título Resultado
2012 Mellor comunicadora Zigzag diario Nomeada
2016 Mellor comunicadora A Revista Fin de Semana Nomeada

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "María Solar Núñez Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-11-04. 
  2. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-11-04. 
  3. "Editorial Galaxia María Solar". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2022. Consultado o 2022-11-04. 
  4. "María Solar publica "Los niños de la viruela", basada en la expedición Balmis"
  5. "María Solar Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 2022-11-04. 
  6. Salgado, Daniel (2022-07-16). "La periodista María Solar gana el Premio Xerais de novela por una obra de intriga y empoderamiento". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2022-11-04. 
  7. "¡Voy a tener un hermano!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13. 
  8. "Tindré un germanet!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13. 
  9. "Tindré un germanet!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13. 
  10. "Las brujas de la reina Lupa". datos.bne.es. 
  11. "A verdadeira historia da mosca da tele". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2019-11-13. 
  12. "La història autèntica de la mosca de la tele". datos.bne.es. Consultado o 2019-11-13. 
  13. "Mi pesadilla favorita". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13. 
  14. "El meu malson favorit". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2019-11-13. 
  15. "Tengo unos pies perfectos". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13. 
  16. "Tinc uns peus perfectes". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13. 
  17. "Tenho uns pés perfeitos". www.kalandraka.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13. 
  18. ""Teño uns pés perfectos" traducido ao filipino". mariasolar.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2019. Consultado o 2019-11-13. 
  19. "Los niños de la viruela". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13. 
  20. "L´expedició del doctor Balmis". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13. 
  21. "Adeline - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-01-20. 
  22. "Las horas robadas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13. 
  23. "Skradzione Godziny". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2018. Consultado o 2019-11-13. 
  24. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-11-04. 
  25. Diario, Nós (2022-07-15). "María Solar, Rocío Leira e Anxo Iglesias, elixidos premios Xerais". Nós Diario. Consultado o 2022-07-15. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]