Saltar ao contido

María Sefidari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Sefidari

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Sefidari Huici Editar o valor en Wikidata
1982 Editar o valor en Wikidata (43/44 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
Presidenta da Xunta Directiva da Fundación Wikimedia
19 de xullo de 2018 – 3 de xuño de 2021
 Christophe HennerNatalia Tymkiv 
Tesoureira
2012 – 2013
Vicepresidenta Wikimedia España
2010 – 2012 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid - psicoloxía Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista LGBT, wikimedista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Rei Xoán Carlos Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
16 de agosto de 2023Wikimania 2023
24 de febreiro de 2023Iberoconf 2023
agosto de 2019Wikimania 2019
29 de marzo de 2019Wikimedia Summit 2019 (en) Traducir
20 de abril de 2018Wikimedia Conference 2018 (en) Traducir
6 de xullo de 2017WikiWomenCamp 2017 (en) Traducir
31 de marzo de 2017Wikimedia Conference 2017 (en) Traducir
2017Wikimania 2017
15 de maio de 2015Wikimedia Conference 2015 (en) Traducir
2014Wikimania 2014
2013Wikimania 2013
30 de marzo de 2012Wikimedia Conference 2012 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLaura Hale Editar o valor en Wikidata

Twitter: Msefi Editar o valor en Wikidata

María Sefidari Huici, nada en Madrid en 1982, é unha psicóloga, profesora e especialista en comunicación e cultura dixital española. Experta en xestión cooperativa e produción cultural en Internet e activista en coñecemento e cultura libre. Desde xullo de 2018 é presidenta da Fundación Wikimedia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Psicoloxía na Universidade Complutense de Madrid, na que tamén estudou un mestrado en Comercio e Turismo. En 2014 foi bolseira do programa Techweek Women’s Leadership Fellows dedicado ao apoio do liderado de mulleres líderes emerxentes en negocios e tecnoloxía.[1] Desde 2015 é profesora do programa de Mestría en Comunicación Dixital, Cultura e Cidadanía da Universidade Rei Xoán Carlos.

Sefidari, coñecida en Wikipedia como Raystorm[2] empezou a contribuír nos proxectos Wikimedia sobre coñecemento e cultura libre en 2006.[3] Pouco despois lanzou o Wikiproxecto LGBT para dar visibilidade a estes colectivos e mellorar e organizar os contidos relacionados co tema, inspirándose nun proxecto similar na Wikipedia en lingua inglesa.[4]

En 2011 foi membro fundadora de Wikimedia España e primeira vicepresidenta da asociación,[5][6] e en 2015 de Wikimujeres, un grupo de usuarias de Wikimedia centrado na visibilización das mulleres e a eliminación do nesgo de xénero na Wikipedia.[7][8] No movemento Wikimedia formou parte de varios comités de goberno, entre eles o Comité de Afiliacións e o Comité de Gobernanza do Consello, onde exerceu como presidenta. Entre 2013 e 2015 foi membro da Xunta da Fundación Wikimedia. En 2016 reincorporouse á Fundación Wikimedia para cubrir unha vacante, e asumiu a vicepresidencia da organización. Foi confirmada como vicepresidenta para un segundo mandato en 2017.[8] Nestes anos participou en numerosos cursos de formación e eventos sobre coñecemento aberto e libre[9] e sobre a incorporación da diversidade e a igualdade de xénero nos contidos de Wikipedia.[10][11] En xullo de 2018 foi elixida presidenta da Fundación Wikimedia no 14º encontro anual de Wikimania.[12]

  1. "Chicago Womens leadership program | Techweek". Techweek (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018.
  2. "Publicaron los resultados de las elecciones de la Fundación Wikimedia". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2019. Consultado o 17 de xuño de 2019.
  3. "La Wikipedia al descubierto". The Objective | Periódico digital para la generación Z (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018.
  4. "La española que ha llegado a vicepresidir Wikimedia defendiendo al colectivo LGBT". eldiario.es (en castelán). Consultado o 19 de xullo de 2018.
  5. "Wikipedia: 10 años y 278 ediciones". El País (en castelán). 11 de xaneiro de 2011. ISSN 1134-6582. Consultado o 19 de xullo de 2018.
  6. "Wikipedia como Herramienta de Aprendizaje basada en Nuevas Tecnologías". eventum.usal.es (en castelán). Consultado o 19 de xullo de 2018.
  7. "Wikipedia se llena de nombres de mujer". El Comercio (en castelán). 18 de outubro de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2018.
  8. 1 2 "Board of Trustees - Wikimedia Foundation". foundation.wikimedia.org (en inglés). Consultado o 19 de xullo de 2018.
  9. "Iniciativa Open Data reivindica el papel y la importancia de los datos abiertos en la sociedad actual". Mis datos, tus datos, (en castelán). 20 de febreiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018.
  10. Sara Calvo. "Nosotras creamos, nosotras editamos". Público (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2022. Consultado o 19 de xullo de 2018.
  11. "Mapping the feminist internet: the Whose Knowledge? campaign at the AWID Forum | GenderIT.org". www.genderit.org (en inglés). Consultado o 19 de xullo de 2018.
  12. "Wikimedia Foundation announces Tanya Capuano as new Trustee, alongside leadership appointments at 14th annual Wikimania – Wikimedia Blog". blog.wikimedia.org (en inglés). Consultado o 20 de xullo de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]