Salomé Peña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «María Salomé Peña Muñíz»)
Salomé Peña
Nacemento6 de agosto de 1974
Lugar de nacementoSisán
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

María Salomé Peña Muñiz, nada en Sisán, Ribadumia o 6 de agosto de 1974, é unha política galega do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Ciencias Químicas. Nas eleccións municipais de 1999 foi candidata número 3 na lista do PPdeG ao concello de Ribadumia, por detrás do alcalde José Ramón Barral (Nené Barral) e de Rafael Louzán, sendo concelleira de Educación, Deportes, Servizos internos e administrativos. O 1 de xuño de 2001 accedeu á alcaldía logo da dimisión do alcalde José Ramón Barral, trala súa detención pola súa presunta vinculación cun caso de contrabando de tabaco. Nas municipais de 2003 encabezou a candidatura do PPdeG e gañou por 2 votos aos Independentes por Ribadumia, partido encabezado polo seu antecesor trala súa expulsión do PPdeG por mor da súa detención. Desta forma, empatou a 5 concelleiros cos independentes fronte a 1 do BNG, polo que continuou gobernando en minoría. Nas municipais de 2007 logrou a maioría absoluta con 6 concelleiros, quedando os independentes de Nené Barral con 4. Nas 2011 volveu lograla maioría absoluta, ampliándoa con respecto a 2007, trala retirada dos independentes da carreira electoral. Durante esta etapa seguiu como número 2 a Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra a partir do 2003.

Nas municipais de 2015 encabezou de novo a candidatura popular, sendo a máis votada pero perdendo a maioría absoluta tralo regreso dos Independentes por Ribadumia, encabezados nesta ocasión por David Castro Mougán. Desta forma, logrou 6 concelleiros fronte a 5 independentes, 1 da marea Somos Ribadumia e outro do PSdeG, perdendo a alcaldía ante a formación dun tripartito entre os demais grupos, encabezado polo independente Castro Mougán. Paralelamente, Rafael Louzán perdeu a presidencia da Deputación en favor da socialista Carmela Silva. En setembro de 2015 tomou posesión como deputada provincial, trala dimisión de Louzán. En xaneiro de 2019 anunciou a súa retirada da primeira liña política.


Predecesor:
José Ramón Barral
 
Alcaldesa de Ribadumia
 
2001 - 2015
Sucesor:
David Castro Mougán

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]