Saltar ao contido

María Paz Andrés Sáenz de Santa María

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Paz Andrés Sáenz de Santa María

(2008) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de novembro de 1953 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Oviedo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Oviedo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxurista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

María Paz Andrés Sáenz de Santa María, nada en Oviedo o 29 de novembro de 1953, tamén coñecida como Paz Andrés, é unha xurista española, catedrática de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais, e antiga secretaria do Consello Social da Universidade de Oviedo, e dende comezos de 2017 é a Defensora Universitaria da Universidade de Oviedo.

Participou na codirección do Boletín de Información sobre Comunidades Europeas, editado polo Principado de Asturias e a Universidade de Oviedo, publicando diversos traballos sobre Dereito Internacional Público e Dereito Comunitario Europeo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1975, obtivo a licenciatura de Dereito con premio extraordinario na Universidade de Oviedo, desenvolvendo, a partir de 1976, tarefas docentes no departamento de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais.

En 1980, conseguiu o doutoramento con premio extraordinario, baixo a dirección de Julio González Campos. Oito anos despois, en 1988, converteríase en catedrática do departamento.

Entre 1985 e 1995, encargaríase da dirección do Centro de Documentación Europea da Universidade de Oviedo. En 1986 ocuparía o cargo de Secretaria Xeral da Universidade de Oviedo, función que desempeñou até 1988. Dende 1987 até 1989, sería membro da Xunta Directiva da Asociación Española de Profesores de Dereito Internacional e Relacións Internacionais.

Dende 1992 ocuparíase da coordinación da sección de Xurisprudencia de Dereito Internacional Público da Revista Española de Dereito Internacional (REDI). Entre 1994 e 2000, dirixiría o departamento de Dereito Público da Universidade de Oviedo, sendo nomeada secretaria do Consello Social de devandita institución en novembro de 1999, cargo que desempeñou até 2004, cando foi nomeada vicerreitora de Extensión Universitaria.

Candidata en dúas ocasións ó reitorado da Universidade de Oviedo (2008 e 2012), sendo derrotada en ambas as ocasións por Vicente Miguel Gotor Santamaría. É experta en dereito dos tratados, arranxo pacífico de controversias internacionais, mantemento da paz e a seguridade internacionais, sistema institucional e ordenamento xurídico da Unión Europea.[1]

Dende o 28 de setembro de 2018, é conselleira do Consello de Goberno do Banco de España por nomeamento do Goberno de España.[2]

  1. "Guía de expertos y expertas: Andrés Sáenz de Santamaría, Paz". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2 de mayo de 2012. 
  2. "BOE.es - Documento BOE-A-2018-13206". Consultado o 13 de xaneiro de 2019.