María Nsué Angüe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Nsué Angüe

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1945 Editar o valor em Wikidata
Ebebiyín (España) Editar o valor em Wikidata
Morte18 de xaneiro de 2017 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Malabo, Guinea Ecuatorial Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGuinea Ecuatorial Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo fang Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónnovelista , política , poeta , xornalista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

María Nsué Angüe, nada en Ebebiyín (Río Muni, Guinea Española) en 1945 e finada en Malabo o 18 de xaneiro de 2017, foi unha escritora e xornalista ecuatoguineana. En 2015 foi nomeada académica correspondente en Guinea Ecuatorial da RAE. Con frecuencia tratou na súa obra a opresión das mulleres. Foi especialmente coñecida por Ekomo, a primeira novela publicada por unha muller ecuatoguineana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada nunha familia da etnia fang, emigrou cos pais a España con dez anos.[1] Alí realizou os seus estudos e iniciou a súa carreira literaria.

Regresou ao seu país en 1972. Alí estabeleceu a súa residencia e traballou no Ministerio de Información, Prensa e Radio. Ademais, alcanzou fama internacional como escritora, sobre todo en Europa e América Latina.

A súa obra máis importante é Ekomo, a primeira novela publicada por unha muller ecuatoguineana. Narra a historia dunha muller fang que, tras morrer o seu home, atrévese a romper con certos tabús da sociedade africana. A novela publicouse por primeira vez en 1985, e a editorial Sisal publicou unha segunda edición revisada en 2007. Ekomo gañou popularidade entre os estudosos e académicos pola súa escritura coidada e poética.

Angüe escribiu tamén relatos curtos, artigos e poemas, e deixou manuscritos inéditos. A opresión das mulleres e a sociedade africana poscolonial son temas frecuentes na súa obra. Parte dela está inspirada na literatura popular fang.

O 25 de xuño de 2015 a Real Academia Española nomeouna académica correspondente en Guinea Ecuatorial.

Finou o 18 de xaneiro de 2017 en Malabo aos 72 anos.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Ekomo, Madrid, UNED, 1985. ISBN 84-362-1974-0
  • Delirios, Malabo, Centro Cultural Hispano-Guineano, 1991.
  • Cuentos de la Vieja Noa, Malabo, Centro Cultural Hispano-Guineano, 1999.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ekomo". Grupo Editorial Sial Pigmalión (en castelán). Consultado o 11 de marzo de 2023. 
  2. "Fallece la escritora María Nsue Angüé". Asociación de Academias de la Lengua Española (en castelán). 25 de xaneiro de 2017. Consultado o 11 de marzo de 2023.