María Montez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Montez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María África Gracia Vidal Editar o valor em Wikidata
6 de xuño de 1912 Editar o valor em Wikidata
Santa Cruz de Barahona (República Dominicana) Editar o valor em Wikidata
Morte7 de setembro de 1951 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Suresnes (Francia) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio e afogamento Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Dominicana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de cinema , modelo , poeta Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1939 Editar o valor em Wikidata - 1951 Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioMaría Montez Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJean-Pierre Aumont (1943–1951), morte Editar o valor em Wikidata
FillosTina Aumont Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webmariamontez.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0599688 Allocine: 5418 Allmovie: p50158
WikiTree: Gracia_Vidal-1 Find a Grave: 6448 Editar o valor em Wikidata

María África Gracia Vidal coñecida como María Montez, nada en Barahona, República Dominicana, o 6 de xuño de 1912 e finada en Suresnes, Francia, o 7 de setembro de 1951, foi unha actriz de cinema dominicana que gañou sona na década de 1940 como unha beleza exótica protagonizando unha serie de películas de aventuras filmadas en Technicolor. A súa imaxe na pantalla foi dunha sedutora que usaba vestidos con traxes de fantasía e xoias brillantes.

Ao longo da súa carreira Montez participou en arredor de 26 filmes, 21 deles rodados nos Estados Unidos e cinco en Europa. O apelido Montez tomouno en homenaxe á bailarina Lola Montez.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

María África Gracia Vidal naceu na provincia de Barahona, República Dominicana, segunda dos dez fillos do español Isidoro García,[1] nacido en Garafía (La Palma), e da dominicana Teresa Vidal.[2] O seu pai dedicábase á exportación de madeira e á venda de tecidos. A idade temperá idade, Montez aprendeu a falar inglés. Díxose que foi educada nun convento católico de Santa Cruz de Tenerife e que a mediados da década de 1930, o seu pai foi nomeado cónsul español en Belfast, onde se mudou a familia. Porén, o libro de Margarita Vicens Morales sobre Montez indica que isto forma parte dunha biografía falsa realizada por Universal Pictures e que Montez viviu os primeiros 27 anos da súa vida en República Dominicana.

Carreira[editar | editar a fonte]

Mentres visitaba Nova York, foi descuberta por un cazatalentos. O seu primeiro traballo foi posar para a portada dunha revista por 50 dólares.

Decidida a converterse nunha actriz de teatro, contratou un axente e creou unha biografía que a facía varios anos máis nova. Nalgúns caso puña como data de nacemento "1917" e noutros "1918". Finalmente, aceptou unha oferta de Universal Pictures por 150 dólares a semana.[3] Fixo o seu debut cinematográfico no filme de serie B Boss of Bullion City dirixid por Ray Taylor e protagonizad por Johnny Mack Brown.

A súa beleza axiña a converteu na peza central dos filmes de aventuras en Technicolor da Universal, en particular os seis filmes en que actuou xunto a Jon Hall (Arabian Nights, White Savage, Alí Babá e os corenta ladróns, Cobra Woman, Gypsy Wildcat e Sudan). Universal non tiña unha "rapaza glamourosa" como outros estudios (equivalente a Hedy Lamarr (MGM), Dorothy Lamour (Paramount), Betty Grable (20th Century Fox), Rita Hayworth (Columbia) ou Ann Sheridan (Warner Bros)) e decidiron darlle a Montez este papel, co que recibiu moita publicidade.[4] Tamén soubo promocionarse ela mesma e adoptou a pose de "estrela" na súa vida privada. A identificación con esta imaxe cinematográfica foi tal que María Montez foi coñecida como "The Queen of Technicolor" (A Raíña do Technicolor).

Montez dixo en 1945 que estaba "cansa de ser a princesa de conto de fadas todo o tempo" e que quería aprender a actuar.[5] Loitou coa Universal por papeis diferentes. Foi suspendida por rexeitar o papel protagonista en Frontier Gal; a personaxe foi interpretada por Yvonne De Carlo que se convertera nun tipo de estrela similar a Montez e comezara a substituíla no estudio.[6]

Montez ademais apareceu no western Pirates of Monterey xunto a Rod Cameron e en The Exile, dirixido por Max Ophüls e protagonizada por Douglas Fairbanks Jr.

Montez e o seu marido Jean-Piere Aumont formaron a súa propia compañía, Christina Productions.[7] En xaneiro de 1951, protagonizou a obra dunha única personaxe L'Ile Heureuse ("A illa feliz") escrita polo seu marido, mais as críticas non foron boas.[8] Tamén escribiu tres libros: Forever Is A Long Estafe, Hollywood Wolves I Have Tamed e Reunion In Lilith. Destes libros, só se publicaron os dous primeiros. Así mesmo dedicouse a escribir unha serie de poesías, entre elas Crepúsculo, que gañou un premio da Asociación The Manuscriters.

Morte[editar | editar a fonte]

Montez morreu aos 39 anos de idade, o 7 de setembro de 1951, aparentemente debido a un ataque ao corazón. Foi atopada afogada na bañeira da súa residencia de Suresnes. Foi enterrada no cemiterio de Montparnasse. Na súa tumba móstrase 1918 como a súa data de nacemento, sendo 1912 a real.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

O primeiro matrimonio de Montez foi con William G. McFeeters, un rico banqueiro que serviu no Exército Británico.[9] Casaron cando Montez tiña 17 anos e divorciáronse posteriormente.[10] Durante máis dun ano díxose que Montez estaba prometida con Claude Strickland, oficial de voo da RAF a quen coñecera en Nova York.[11] Porén, máis adiante revelouse que fora un truco publicitario.[12]

Mentres traballaba en Hollywood, coñeceu o actor francés Jean-Pierre Aumont. Casaraon o 13 de xullo de 1943 na casa de Montez en Beverly Hills. Charles Boyer foi o padriño e Jannine Crispin a dama de honor.[13] Aumont tivo que marchar uns días despois da súa voda para servir nas Forzas Francesas Libres e loitar contra a Alemaña nazi pola segunda guerra mundial. Despois da guerra, a parella tivo unha filla, Maria Christina (coñecida como Tina Aumont), nada en Hollywood o 14 de febreiro de 1946.[10] Posteriormente, mudáronse a unha casa en Suresnes, no suburbio oeste de París, durante a Cuarta República Francesa. En 1949, Aumont anunciou que ían divorciarse, mais permaneceron xuntos ata a morte de Montez.[14]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme Personaxe
1940 Boss of Bullion City Linda Calhoun
The Invisible Woman Marie
1941 Lucky Devils Bathing Beauty (sen acreditar)
That Night in Rio Inez
Raiders of the Desert Zuleika
South of Tahiti[15] Melahi
Moonlight in Hawaii Ilani
1942 Bombai Clipper Sonya Dietrich Landers
Mystery of Marie Roget Marie Roget
Pardon My Sarong Escenas eliminadas
Arabian Nights Sherezade
1943 White Savage Princesa Tahia
1944 Alí Babá e os corenta ladróns. A cimitarra perdida de Arabia Amara
Follow the Boys Ela mesma (sen acreditar)
Cobra Woman Tollea / Naja
Gypsy Wildcat Carla
Bowery to Broadway Marina
1945 Sudan Naila
1946 Tangier Rita
1944 The Exile Condesa
Pirates of Monterey Marguerita Novarro
1949 Siren of Atlantis Raíña Antinea
Hans le marin Dolores, a prostituta
Portrait d'un assassin Christina de Rinck
1950 The Thief of Venice Tina
1951 Amore e sangue Dolores
La vendetta del corsaro Consuelo

Legado[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. No libro Maria Montez, Su Vida de Margarita Vicens de Morais, pódese ver unha copia do certificado de nacemento de María Montez, probando que o seu nome orixinal era María África Gracia Vidal e o do seu pai era Isidoro Gracia (e non García, como ás veces se confundiu). Margarita Vicens de Morales: María Montez, Su Vida. Recóllese na páxina 26 da edición de 2003
  2. Leal Cruz, Pedro Nolasco; Ramos Pérez, Inodelbia (2017). "Patricia Medina y María Montez. dos estrellas coetáneas de Hollywood de ascendencia canaria. análisis contrastivo". Las Palmas de Gran Canaria.: 1-23. ISSN 2386-6837. 
  3. Haugland, Vera (28 de setembro de 1941). "Maria Montez Puts On Best Show Without Benefit of Camera". The Washington Post. p. L2. 
  4. "Maria Montez Puts Paprika in New Glamor Type: Sensational, but Proper, She Calls Herself". Chicago Daily Tribune. 15 de novembro de 1942. p. H10. 
  5. Mason, Jerry (12 de marzo de 1944). "AIR AND SULTRY: Maria Montez has changed in the last year--she says...". Los Angeles Times. p. F15. 
  6. "Screen News: To Aid Actors Fund". New York Times. 19 de abril de 1945. p. 22. 
  7. Hopper, Hedda (28 de marzo de 1948). "Aumonts' Life Pivots on Baby: Jean Pierre and Maria Montez Have Dizzy Household Life Is Dizzy but Happy in Aumonts' Household". Los Angeles Times. p. C1. 
  8. Aumont p 137
  9. Ruíz, Vicki; Sánchez Korrol, Virginia (2006). Latinas in the United States: A Historical Encyclopedia. Indiana University Press. p. 485. ISBN 0-253-34681-9. 
  10. 10,0 10,1 "The Life and Times of Maria Montez". glamourgirlsofthesilverscreen.com. 
  11. "Latin Actress Discloses Betrothal to R.A.F. Flyer: Maria Montez Tells Reason for Wearing British Insignia". Los Angeles Times. 18 de xuño de 1941. p. A8. 
  12. "To the Rear of the Class, Baron Munchausen: Those Droll Fellows, the Press Agents, Set New Highs for the Lie Sublime". New York Times. 23 de agosto de 1942. p. X3. 
  13. "Maria Montez Weds French Actor". Pittsburgh Post-Gazette. 14 de xullo de 1943. p. 5. 
  14. "DREAMS END: Actor Aumont to Divorce Maria Montez". Los Angeles Times. 23 March 1949. p. 24. 
  15. Moreira, Renan (1941-11-21). "Maria Montez Visits Tech Campus; Regards Students 'As Typical College Men'". The Technique. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2022. Consultado o 2010-02-02. 
  16. "Maria Montez Honored by Her Native Country". Los Angeles Times. 25 October 1943. p. 8. 
  17. Ruíz, Vicki; Sánchez Korrol, Virginia (2006). Latinas in the United States. Indiana University Press. pp. 486–487. ISBN 0-253-34680-0. 
  18. Ferguson, James (27 de maio de 2000). "I'm Maria, fly me!". The Independent. Consultado o 3 de agosto de 2008. [Ligazón morta]
  19. "Senses of Cinema". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2009. Consultado o 11 de novembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Aumont, Jean-Pierre (1977). Sun and Shadow: an Autobiography. W.W. Aumont. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]