María Luisa Pérez-Soba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María Luisa Pérez-Soba
Nacemento1930
Lugar de nacementoBurgos
Falecemento2021
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónenxeñeira
editar datos en Wikidata ]

María Luisa Pérez-Soba y Baró, nada en Burgos en 1930 e finada na Coruña en 2021,[1][2] foi a primeira enxeñeira agrónoma de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

María Luisa Pérez-Soba criouse en Galicia onde estaba destinado o seu pai, militar.[3] Logo marchou a Madrid a estudar a carreira de enxeñería entre 1954 e 1959, sendo a quinta enxeñeira agrónoma de toda España. Formou parte dunha promoción eminentemente masculina na que so había dúas mulleres.[4]

Posteriormente, desenvolveu a súa carreira profesional na administración ata a súa xubilación, desempeñando diversos cargos, entre eles o de xefa provincial do servizo de industrias e comercialización agroalimentaria e delegada provincial en funcións da Consellería de Agricultura.[3] Tamén foi unha das impulsoras da creación do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, sendo secretaria da sede coruñesa entre 1962 e 1975.[1]

Foi a primeira muller enxeñeira agrónoma de Galicia e a quinta de España[5].

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • En 2021 foi homenaxeada pola comisión de igualdade de xénero da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría e da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]