María Lugones
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) María Cristina Lugones 26 de xaneiro de 1944 Buenos Aires, Arxentina |
| Morte | 14 de xullo de 2020 Syracuse, Estados Unidos de América |
| Causa da morte | parada cardiorrespiratoria |
| Educación | Universidade de Wisconsin-Madison Universidade de California, Os Ánxeles |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Binghamton Northfield (pt) |
| Ocupación | filósofa, profesora universitaria, socióloga, activista polos dereitos das mulleres |
| Empregador | Universidade de Binghamton Carleton College |
| Movemento | Decolonialidade (pt) |
| Obra | |
| Arquivos en | |
María Lugones, nada en Buenos Aires en 1944 e finada o 14 de xullo de 2020,[1] foi unha filósofa, feminista, investigadora, profesora e activista arxentina.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Lugones teorizou sobre varias formas de resistencia contra opresións múltiples. É recoñecida pola teoría dos "eu diversificados" (multiple selves), o seu traballo sobre feminismo descolonial e o concepto de colonialidade de xénero, onde postula que o xénero é unha imposición colonial. Con base no concepto fundamental de colonialidade do poder de Aníbal Quijano, a colonialidade do xénero explora como o colonialismo europeo influenciou e lles impuxo estruturas de xénero europeas aos pobos indíxenas das Américas. Este concepto desafía a noción de que o xénero pode ser illado dos impactos do colonialismo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Weinberg, Justin (14 de julio de 2020). "María Lugones (1944-2020)" (en inglés). Consultado o 14 de julio de 2020.
- ↑ UNAM, Igualdad de Género. "María Lugones: pensadora del feminismo descolonial – Coordinación para la Igualdad de Género UNAM" (en castelán). Consultado o 2025-05-04.