Maruxa Boga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «María Josefina Boga»)
Infotaula de personaMaruxa Boga

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1916 Editar o valor em Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xullo de 2010 Editar o valor em Wikidata (93/94 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina
España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , xornalista , locutora de radio Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Sinatura


María Josefina Boga Romaní, máis coñecida como Maruxa Boga, nada en Buenos Aires en 1915 e finada o 26 de xullo de 2010, foi unha locutora de radio, actriz e xornalista galega.

Orixe[editar | editar a fonte]

Maruxa Boga era filla dos galegos Leandro Boga, oriundo de Lestrobe, no concello de Dodro e de María Romaní, oriunda de Noia, que emigraron á Arxentina na primeira vaga migratoria galega do século XX.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa traxectoria como locutora de radio no programa Galicia, que dirixía a actriz Maruxa Villanueva. O 5 de agosto de 1945 comezou a presentar, a canda o actor Fernando Iglesias Sánchez, "Tacholas" e o seu home, o xornalista Alfredo Ángel Aróstegui, o programa de radio Recordando a Galicia na emisora arxentina Radio Rivadavia. Traballou tamén en Radio Excelsior, Radio Prieto, Radio del Pueblo, Radio Antártida etc.[2]

Fundou con Tacholas a compañía de teatro Boga-Tacholas, coa que, de 1941 a 1944, se dedicaron á representacións de comedias, moitas delas de temática galega,[3] principalmente da autoría de Manuel Daniel Varela Buxán. Interpretou a personaxe de Pimpinela de Os vellos non deben de namorarse, baixo a dirección do propio Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, autor da peza.[2]

Logo de que Tacholas deixase en 1953 a presentación do programa, continuou con Arostegui á súa fronte ata marzo de 1984, cubrindo 39 anos de emisións ininterrompidas. O programa foi ademais un referente da comunidade galega na Arxentina, e por el pasaron Castelao, Eduardo Blanco Amor, Antón Alonso Ríos, Ramón Suárez Picallo, Maruxa Villanueva ou Manuel Dopazo Gontade.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Recibiu o Grelo de ouro en 1998 canda a Maruxa Villanueva e Tacholas, polo impulso do teatro galego na Arxentina.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Álbum de Mulleres". CULTURA GALEGA. Consultado o 26/06/2020. 
  2. 2,0 2,1 Gran Enciclopedia Galega.
  3. Enciclopedia Galega Universal

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]